XIV Xuntanza Internacional de Corais

Lugar: 
Baión
Fecha y hora: 
Sáb, 07/05/2016 - 19:00 - Dom, 08/05/2016 - 00:00

Despois das marabillosas experiencias dos anos pasados coas celebracións das trece edicións, de novo nos xuntamos para celebra-la XIV XUNTANZA INTERNACIONAL DE CORAIS, e renderlle así unha homenaxe a todas aquelas persoas, compoñentes de corais, que, con moito esforzo pero á vez con moita ilusión, nos deleitan coa súa música.

O noso desexo é de que pasemos un día de ledicia, de que disfrutemos intensamente con esta xornada musical e, sobre todo, de que sirva fundamentalmente para fomentar a amizade e a solidariedade entre os pobos, sentimentos que esperta a música.