O mércores 21 de marzo ás 5 da tarde no Carballo prantaremos as derradeiras prantas no novo xardín-anfiteatro, para o que precisamos a vosa colaboración.
Contaremos coa presencia de José Antonio Díaz Núñez, representante do Comité Científico de Voz Natura - La Voz de Galicia para avaliar o noso proxecto.
Axardinamento e construcción de Auditorio o aire libre no entorno do Carballo
A Asociación Cultural O CASTRO dentro da programación de Medioambiente decidiu facer unha actividade de acción directa no entorno da súa sede social no Carballo, que consiste en construir con vigas vellas de batea un pequeno anfiteatro, con capacidade para 200 persoas, con axardinamento no seu contorno.
Para elo colaboraron: