IX Festival de Danza

O 19 de marzo ás 19h no pavellón de deportes de Baión temos unha cita para desfrutar con bailaríns e bailarinas do Grupo de  Danza en Baión que organizan o seu noveno festival de danza.

Están convidados a participar neste evento os grupos:

  • Banda de Gaitas e Baile "Os Coribantes" de Buchabade, Pontecaldelas
  • Agrupación tradicional Xironsa de Corvillón, Cambados
  • Grupo de Danza O Castro, Baión - Vilanova de Arousa

Excursión a Manzaneda

Lugar: 
Manzaneda
Fecha y hora: 
Sáb, 30/01/2016 - 08:00 - 22:00

O sábado, día 30/xaneiro, levaremos a cabo unha nova viaxe a Manzaneda, a desfrutar da NEVE.

Sairemos ás   OITO da mañá dos lugares de costume. Faremos unha parada de camiño para chegar a Manzaneda a media mañá.

II ENCONTRO DE PALILLEIRAS E LABORES ARTESANAIS

Sábado 23 de xaneiro de 2016 no Pavellón de Deportes de BAIÓN- Vilanova de Arousa. Contaremos coa presenza das participantes dos cursos de calceta, bordado e bolillos das nosas asociacións, pero tamén asistirán membros de: Palilleiras “A Floriña”, A. de Mulleres de Corón (de Vilanova), Agrupación de Cambados, A. O Souto de Rubiáns e A. A Fieitiña de Pontevedra, Palilleiras de Valga, etc.

Convidamos a todos os socios a visitar a exposición de labores realizada para este evento, así como apreciar o traballo que realizan as participantes. Tamén se contará con un postos de artesanía e sorteo de agasallos.

Nadal de Maiores - Encontro de Rondallas - Festival de Nadal

Domingo 20-12-2015 na Casa da Cultura de Baión cos seguintes actos:

17,30  Nadal de Maiores

19,00 XII Encontro de Rondallas

Participando:       Rondalla O CASTRO      Orquesta de púlso y púa AROSA

              

2015-05-09 - XIII Xuntanza Internacional de Corais

A Asociación Cultural O Castro celebrou o pasado 09/05/2015 no polideportivo de Baión a

XIII Xuntanza Internacional de Corais,  

na que participaron as seguintes corais.

Coral  de RIANXO......................................................................... Rianxo - A CORUÑA

Coral  polifónica de TABOADA....................................................... Taboada - LUGO

Coro polifónica VILADAUGA.......................................................... Laias - OURENSE

Coral Polifónica Santa Eulalia de Donas...................... Gondomar - PONTEVEDRA

Coro Voces del Alba........................................................................... La Robla - LEÓN

Coral S, MATEUS.............................................................. Grimancelos - PORTUGAL

Coral CANTIGAS DO CASTRO...................................................... Baión - Anfitriona

Diario de Arousa

Fête de la Musique en Vilanova de Arousa

La Asociación Cultural O Castro, en Colaboración con otros grupos del ayuntamiento, va a celebrar la fiesta de la músicapor las calles y plazas de la fachada marítima de Vilanova  da Arousa a partir de las 20:30 H.

 

Programa Fête de la Musique  Vilanova de Arousa

20:30h.

En Clave do Castro - abril

Esta nova actividade de conferencia- cine- debate, puxose en marcha con motivo do 25 aniversario e cada mes está adicado a unha sección da Asociación.

Abril: Mes do Medio Ambiente

O venres 17 de Abril as 21:00 está programada a proxección da película: “La Selva Esmeralda” dirixida por John Boorman, será novamente no local social do Carballo.

Charla: "COMPOSTAXE"

Lugar: 
Sede social do Carballo
Fecha y hora: 
Jue, 16/04/2015 - 20:00 - 22:00

Tal como figura na programación do XXV Aniversario da Asociación, o mes de Abril está adicado ao Medio Ambiente, neste marco situamos a charla informátiva sobre a COMPOSTAXE DOS RESIDUOS ORGÁNICOS que será impartida por un técnico de SOGAMA este Xoves 16 ás 20:00h no Carballo.

Esta charla quere ser o punto de partida para a implantación da compostaxe en Baión, a través dun proxecto piloto para o que se seleccionará un grupo de veciños que queiran participar nesta iniciativa.

XIII Xuntanza Internacional de Corais

Lugar: 
Baión
Fecha y hora: 
Sáb, 09/05/2015 - 19:00 - Dom, 10/05/2015 - 00:00

Despois das marabillosas experiencias dos anos pasados coas celebracións das doce edicións, de novo nos xuntamos para celebra-la XIII XUNTANZA INTERNACIONAL DE CORAIS, e renderlle así unha homenaxe a todas aquelas persoas, compoñentes de corais, que, con moito esforzo pero á vez con moita ilusión, nos deleitan coa súa música.

Distribuir contenido