Excursión á Costa Brava

Lugar: 
Cataluña
Fecha y hora: 
Mar, 28/04/2015 - 20:00 - Dom, 03/05/2015 - 22:30

Excursión á Costa Brava -Programa

28/4 saída ás 20:00h dos lugares de costume

29/4 Visita a Montserrat e Lloret de mar (lugar de estancia tódolos días)

30/4 Visita a Besalú, Figueres e Empuriabrava

1/5 Visita a Barcelona

2/5 Visita a Girona e Tossa de Mar

3/5 De regreso paradas en Lleida, Logroño e Benavente.

 

Custo da viaxe 275€, Data de inscripción: sábado 11/4 de 20:00 a 23:00h

Animate a viaxar con nos

VIII Festival de Danza

Lugar: 
Casa de Cultura
Fecha y hora: 
Dom, 15/03/2015 - 18:00 - 22:30

 

A Asociación Cultural O CASTRO organiza unha nova edición do Festival de Danza, nesta ocasión contamos coa presencia de:

  • Grupo de Baile O Trevo, Mosteiro -Meis
  • Agrupación Mar de Arousa, Bamio - Vilagarcía
  • Grupo de Danza "O CASTRO" de Baión - Vilanova de Arousa

VIII Certame de Teatro

Como cada ano o Grupo Teatral  Aturuxo da Asociación Cultural O Castro organiza o seu Certame de Teatro. Este ano as representacións terán lugar os venres as 20:30 na Casa de Cultura de Baión (Vilanova de Arousa).

Desfile e Festival de Entroido

O próximo 15 de febreiro celebraremos o Entroido no pavellón de Deportes de Baión, co seguinte programa:

DESFILE DE CARROZAS:

Sairemos ás DOCE  da mañá do lugar de costume: BARCIA; tódolos participantes para ter dereito á axuda  por carroza, deben cumprir o seguinte:teñen que sair de Barcia,  NON incorporarse no percorrido, rematando  no campo da igrexa.Así mesmo, cada carroza ten que ir acompañada de componentes disfrazados, NON a carroza soa. Todo iso co fin de levar a “alegría” do Entroido pola parroquia e poidan disfrutar do mesmo aquelas persoas impedidas que non poden desprazarse; PARA QUE SE LEVE  A CABO O DESFILE, TEN QUE HABER UN MÌNIMO DE 4 CARROZAS

CONCURSO DE DISFRACES:

Excursión a Manzaneda

Lugar: 
Manzaneda
Fecha y hora: 
Sáb, 31/01/2015 - 08:00 - 22:00

 O sábado, día 31/xaneiro, levaremos a cabo unha nova viaxe a Manzaneda, a desfrutar da NEVE.

Sairemos ás   OITO da mañá dos lugares de costume. Faremos unha parada de camiño para chegar a Manzaneda a media mañá.

En Clave do Castro

Lugar: 
Local Social do Carballo
Fecha y hora: 
Vie, 23/01/2015 - 20:00 - 23:00

 Esta nova actividade de conferencia- cine- debate, puxose en marcha con motivo do 25 aniversario e cada mes está adicado a unha sección da Asociación.

Xaneiro: Mes das Mulleres

ENCONTRO DE PALILLEIRAS e LABORES ARTESANAIS

Sábado 17 de xaneiro de 2015 na Casa de Cultura de BAIÓN- Vilanova de Arousa. Contaremos coa presenza das participantes dos cursos de calceta, bordado e bolillos das nosas asociacións, pero tamén asistirán membros de: Palilleiras “A Floriña”, A. de Mulleres de Corón (de Vilanova), Agrupación de Cambados, A. O Souto de Rubiáns e A. A Fieitiña de Pontevedra.

Convidamos a todos os socios a visitar a exposición de labores realizada para este evento, así como apreciar o traballo que realizan as participantes. Tamén se contará con un posto de artesanía.

XI Encontro de Rondallas

A Asociación Cultural "O Castro", ten proxectado celebrar o XI ENCONTRO DE RONDALLAS, prevista para o domingo, 21 de decembro de 2014 as 18,00 h. Será na Casa de Cultura de Baión.

 

 

NADAL DE MAIORES/ENCONTRO DE RONDALLAS/FESTIVAL DE NADAL

Levarase a cabo o DOMINGO, 21/decembro na Casa da Cultura de Baión:       

PROGRAMA

-5,30:Nadal de Maiores, ao que están invitados tódolos socios, en especial os socios MAIORES; intervirán : representantes dos maiores, da Asociación e representantes municipais. Trátase de ter xuntos unha xornada de convivencia neste tempo do Nadal.

En Clave do Castro

Decembro: Mes da Música Sinfónica

Levarase a cabo o vindeiro sábado, día 20, ás OITO e MEDIA da tarde.

CHARLA: A MÚSICA SINFÓNICA A TRAVÉS DA HISTORIA .

Distribuir contenido