Camping Xuvenil

Lugar: 
Portonovo (Camping BALTAR)
Data e hora: 
Ven, 30/08/2013 - 17:30 - Dom, 01/09/2013 - 17:30

Este fin de semana fomos de cámping a Portonovo (Cámping Baltar).

Xuntámonos 19 persoas que saímos de Baión ás 17,30 h.
Montamos as tendas (non sen certa dificultade algúns) e cando caía a tardiña celebramos o cumple de Laura.
A algúns esta noite custoulles un pouco durmirse. Tamén é verdade que tiñamos ao lado uns portugueses que estiveron ata as tantas de troula.
Pola contra relacionámonos ben con outro grupo de portugueses que o tiñan ben montado, mesmo levaban neveira.O Sábado despois de almorzar, algúns foron á piscina, outros a xogar ao tenis, etc.
Despois de comer un grupo foi ata a praia, pero volveu pronto dada a calor que facía. Estábase mellor na piscina.
Sobre as 21,00 h. saímos a dar un paseo polos chiringuitos de Portonovo e logo fomos a cear ao Restaurante do cámping.
Esta noite debía haber bastante cansazo xa que só se oían as follas das árbores. Os maiores por suposto saíron a ver o ambiente.
O domingo tamén houbo piscina, partido pola radio, xogo do monopolio, etc.
Despedímonos cunha comida conxunta ao lado das tendas, con bo ambiente e bo humor.
Os pequenos pasárono ben cos xogos de malabar e o diábolo, e mesmo houbo unha pequena batalla de globos de auga.
Saímos do cámping ás 17,00 h.
Dá gusto participar nestas actividades que reforzan a amizade e o compañeirismo en contacto coa natureza.