Excursión a Manzaneda

Lugar: 
Manzaneda
Data e hora: 
Sab, 25/01/2014 - 08:00 - 20:00

O sábado, día 25/xaneiro, levaremos a cabo unha nova viaxe a Manzaneda, a disfrutar da NEVE.

Sairemos ás   OITO da mañá dos lugares de costume e a primeira parada vai ser no pobo de Xunqueira de Espadañedo(Ourense) para visitar unha das alfarerías máis importantes de Galicia; visitaremos primeiro o taller de alfarería onde nos farán unha demostración de cómo se traballa o barro y logo a exposición das pezas  máis representativas.

Seguiremos viaxe e chegaremos a Manzaneda a media mañá; ao mediodía, regresaremos, para dirixirnos a Pobra de Trives, onde xantaremos (pódese comer no mesmo restaurante : O PAZO, do ano pasado (do que salimos tan satisfeitos) por 10 e. e un prezo especial para os nenos menores de 8 anos: 7 euros; si che interesa, indicao cando te anotes),  e á tarde,  xa de regreso a Baión, faremos  unha parada en Ourense. 

O importe da viaxe (rogamos fágano efectivo no momento de anotarse) será:

  • Os nenos/as de 0 a 5 anos gratis.
  • Os mozos/as de 6 a 13 anos abonarán 5 euros.
  • Os maiores de 14  anos é adultos de 15 euros.

Polo tanto, si desexas participar nesta actividade, comunícallo antes do martes 21

  • ao  vocal de zona
  • ou no correo ocastro@ocastrobaión.es