Festa Voz Natura 2014

Lugar: 
Culleredo
Data e hora: 
Sab, 07/06/2014 - 09:00 - 20:00

Como tódolos anos, dentro do programa de Medio Ambiente, a nosa Asociación vai participar nesta Festa en Culleredo (A Coruña).A saída será ás 9:30 da mañá dos lugares de costume.

Disfrutaremos de: xogos para os máis pequenos, inchables, exposicións, talleres de prensa, etc; así como de diversas demostracións dos corpos de Bombeiros, Salvamento e Socorrismo, Garda Civil...

Hai bos espazos de herba onde poder xantar, aínda que tamén hai postos de churrasco e pulpo e incluso bares no entorno.