NADAL DE MAIORES/ENCONTRO DE RONDALLAS/FESTIVAL DE NADAL

Levarase a cabo o DOMINGO, 21/decembro na Casa da Cultura de Baión:       

PROGRAMA

-5,30:Nadal de Maiores, ao que están invitados tódolos socios, en especial os socios MAIORES; intervirán : representantes dos maiores, da Asociación e representantes municipais. Trátase de ter xuntos unha xornada de convivencia neste tempo do Nadal.

-6,00:Encontro de rondallas, no que participarán as rondallas:

“CORDAS NOVAS” de CORUXO (VIGO)

“O CASTRO”, DE BAIÓN

-6,30:Festival de Nadal: Seguidamente, participarán os grupos da Asociación: Coral "Cantigas do Castro", coral Xuvenil, grupo de Cámara, Pandeireteiras e Grupo de danza.

Logo, remataremos cunha" chocolatada".