Desfile e Festival de Entroido

O próximo 15 de febreiro celebraremos o Entroido no pavellón de Deportes de Baión, co seguinte programa:

DESFILE DE CARROZAS:

Sairemos ás DOCE  da mañá do lugar de costume: BARCIA; tódolos participantes para ter dereito á axuda  por carroza, deben cumprir o seguinte:teñen que sair de Barcia,  NON incorporarse no percorrido, rematando  no campo da igrexa.Así mesmo, cada carroza ten que ir acompañada de componentes disfrazados, NON a carroza soa. Todo iso co fin de levar a “alegría” do Entroido pola parroquia e poidan disfrutar do mesmo aquelas persoas impedidas que non poden desprazarse; PARA QUE SE LEVE  A CABO O DESFILE, TEN QUE HABER UN MÌNIMO DE 4 CARROZAS

CONCURSO DE DISFRACES:

Levarase a cabo durante o FESTIVAL con premios a os mellores disfraces de rapaces e adultos tanto a nivel individual como colectivo; o xurado poderá valorar outras agrupacións: parellas, grandes comparsas, etc. si o estima procedente outorgarlle algún premio especial.

Para poder participar no concurso de disfraces  tendo  opción a un premio, tes que anotarte antes das NOVE, debendo permanecer no  recinto do festival en todo momento.

FESTIVAL:

Comezará ás SETE E MEDIA; durante o mesmo sortearse a CESTA DE ENTROIDO, o LOTE DE PRODUCTOS e un XAMÓN. Así mesmo, invitarase aos asistentes a unha “chocolatada”.

Desexando que participes connosco nestas actividades, aproveitamos a ocasión para saúdarte