A Asociación Cultural O Castro de Baión celebrou o pasado 06/05/2017 no pavillón de deportes de Vilanova de Arousa a
XV Xuntanza Internacional de Corais,
na que participaron as seguintes corais.
Coral CANTIGAS DO CASTRO............................... Baión - ANFITRIONA
Coral INSTRUMENTAL DA SOCIEDADE..................... Sada – A CORUÑA
Coral polifónica de PALAS DE REI.......................... Palas de Rei - LUGO
Coral polifónica ENCANTIÑO......................... Barra de Miño - OURENSE
Coral SANTA MARÍA DE AREAS..................... Ponteareas - PONTEVEDRA
Coral SANTO CONDESTÁVEL....................................... Fafe - PORTUGAL
Dende a Asociación queremos agradecer a todas elas a súa participación.
Despois de quentar as voces, ás 19,00 h empezou o concerto, por certo con gran calidade dos participantes.
Ao remate da actuación houbo unha cea no polideportivo de Baión na que participaron unhas 250 persoas.
Os membros da Asociación están satisfeitos un ano máis cos resultados logrados, despois de moito tempo traballando para que a xornada saíra o mellor posible.
O bo ambiente que houbo, o humor, as ganas de pasalo ben fixeron de este día unha xornada inesquecible.
Unha forma de facer cultura a través do CANTO.