2018-05-05 - XVI Xuntanza de Corais

A Asociación Cultural O Castro de Baión celebrou o pasado 05/05/2018 na Iglesia San Xoán de Baión a

XVI XUNTANZA DE CORAIS,  

na que participaron as seguintes corais.

Coral CANTIGAS DO CASTRO......................... Baión – ANFITRIONA

Coro de OLEIROS.......................................... Oleiros - A CORUÑA

Coral polifónica ECOS DO ULLA.......................... Monterroso -LUGO

ORFEÓN TRIVÉS................................. Poboa de Trives - OURENSE

Coral CORTEGADA.................... Vilagarcía de Arousa - PONTEVEDRA

JARA Y TOMILLO.............................................. Cedillo - CÁCERES

 

Dende a Asociación queremos agradecer  a todas elas a súa participación.

Despois de quentar as voces, ás 19,00 h empezou o concerto, por certo con gran calidade dos participantes.

Ao remate da actuación houbo unha cea no polideportivo de Baión na que participaron unhas 200 persoas.

Os membros da Asociación están satisfeitos un ano máis cos resultados logrados, despois de moito tempo traballando para que a xornada saíra o mellor posible.

O bo ambiente que houbo, o humor, as ganas de pasalo ben fixeron de este día unha xornada inesquecible.

Unha forma de facer cultura a través do CANTO.