A Asociación Cultural O Castro de Baión celebrou o pasado 04/05/2019 no Pavillón de Deportes de Vilanova de Arousa a
XVII XUNTANZA INTERNACIONAL DE CORAIS,
na que participaron as seguintes corais.
ANFITRIONA (Baión).......................................Coral CANTIGAS DO CASTRO
A CORUÑA (Sada).......................Coral POLIFÓNICA A LEMBRANZA DE SADA
LUGO (Lugo)...........................................................Orfeón XOÁN MÓNTES
ASTURIAS (Llastres).............................................. Coro MARINERO MANÍN
OURENSE (Sobrado do Bispo).......Coral POLIFÓNICA DE SOBRADO DO BISPO
PONTEVEDRA (Berres-A Estrada)....................Coral POLIFÓNICA DE BERRES
PORTUGAL (Barcelos)...............Grupo Coral Litúrgico de Galegos S. Martinho
Despois de quentar as voces, ás 18,00 h empezou o concerto no Pavillón de Vilanova de Arousa, por certo con gran calidade dos participantes.
Ao remate da actuación houbo unha cea no polideportivo de Baión na que participaron unhas 250 persoas.
Os membros da Asociación están satisfeitos un ano máis cos resultados logrados, despois de moito tempo traballando para que a xornada saíra o mellor posible.
O bo ambiente que houbo, o humor, as ganas de pasalo ben fixeron de este día unha xornada inesquecible.
Dende a Asociación queremos agradecer a todas elas a súa participación.
Unha forma de facer cultura a través do CANTO.