Asociación de Mulleres Rurais "CITANIA"

A Asociación de Mulleres Rurais "CITANIA" nace en 2001, no seo da Asociación cultural "O CASTRO", tendo como finalidade a concienciación social sobre os problemas que afectan á muller:

  • Desenvolvendo programas específicos, orientados a elevar o seu nivel cultural
  • Creando actitudes de tolerancia e respeto
  • Fomentando, con actividades específicas, a Igualdade.

Dende entón programan charlas, cursos, viaxes culturais, xornadas formativas, etc...