DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA: 19 DE NOVEMBRO

Unicef

Con motivo da celebración do XX ANIVERSARIO DA CONVENCIÓN DOS DEREITOS DO NENO, a Asociación Cultural “O CASTRO” e UNICEF organizan no Pazo de Baión unha xuntanza do alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria de Galicia.

Está previsto a asistencia de preto de MIL nenos procedentes de colexios das catro provincias, así como diversas autoridades, tanto locais como provinciais e autonómicas.

No acto daremos lectura aos manifestos elaborados polos distintos colexios participantes, proxectarase o vídeo “Os dereitos da infancia no mundo”, contaremos con un grupo de animación infantil e visitaremos o Gran Mural dos Dereitos dos Nenos, elaborado polo alumnado dos distintos centros.