Programa Coñece a Nosa Terra (Excursión xeral)

Lugar: 
Illa de Ons e Pobra do Caramiñal
Data e hora: 
Mer, 25/07/2012 - 10:30 - 22:00

Este ano imos facer unha viaxe moi singular; será  no barco GRAN CORMORÁN (dotado de amplos espazos, visión submarina, etc.)

PROGRAMA

Sairemos do PORTO DE VILANOVA ás DEZ e MEDIA da mañá (as persoas que non teñan medios de achegarse a Vilanova, que llo fagan saber á directiva para facilitarlles o traslado) e seguidamente, nos dirixiremos-contemplando durante o traxecto lugares de especial interese- á ILLA DE ONS,  onde disfrutaremos da paisaxe, das praias e xantaremos. A eso das CINCO da tarde, sairemos de volta, parando ao lado dunha batea para  ver como é debaixo da auga, bordearemos a illa de SÁLVORA para observar a mesma e pararemos en  A POBRA, donde podemos visitar o casco antigo, a Casa  de Valle Inclán, etc. ou simplemente dar unha volta polo pobo, e ás NOVE da tarde, sairemos rumbo a Vilanova, a onde chegaremos sobre as DEZ.

O importe da viaxe é de 15 €./adulto; os rapaces de 5 a 12 anos pagarán 5 €. e os que participan nas actividades da Asociación (danza, coral, etc.) viaxarán gratis.

Prazas: ata completar aforo.

En canto ao xantar, as persoas que non leven comida:

  • poden facelo no propio barco, por un importe de 10 €. que incluie: empanada, paella, bebida e postre.
  • ou na propia Illa de Ons, pero tendo en conta  que  hai  poucos restaurantes hai que reservar con antelación, dada a afluencia de visitantes no verán.

Polo tanto, si desexas participar nesta actividade, ponte en contacto

  • co vocal de zona
  • ou no correo ocastro@ocastrobaión.es