Declaración dos Dereitos do Neno. Encontro con xovenes de Galicia

Lugar: 
Pavillón de deportes de Baión
Data e hora: 
Sab, 24/11/2012 - 10:00 - 18:00

O día 24 de novembro, en colaboración con UNICEF Galicia, a Asociación Cultural O CASTRO organiza un encontro de xovenes co gallo da celebración do Día Mundial da Declaración dos Dereitos do Neno.

Están convidados a participar nenos de 5ºe 6º de primaria dos concellos de Vilanova de Arousa (anfitrións), Guitiriz (Lugo), Carballiño (Ourense), Covelo (Pontevedra) e Ribeira (A Coruña). Estimamos que a participación sexa de 250 nenos/as aproximadamente.

Os grupos virán acompañados de dous adultos e tódolos participantes recibirán unha camiseta conmemorativa.

PROGRAMA

ÁS ONCE DA MAÑÁ:

Recepción dos participantes na Casa de Cultura de Baión.

ÁS 11:15 

-No Pavillón de Deportes de Baión:

·        Formación dos grupos de traballo

·        Participación en talleres

·        Confección de murais

ÁS 13:30:

-Posta en común das conclusións.

ÁS 14:00 :

-Xantar

De 14:30 a 16:00:

-Actividades lúdicas

Notas:

-O transporte corre a cargo do concello.

-O xantar é gratuito e facilitado pola Asociación Cultural O CASTRO

-A organización e monitores dos talleres e responsabilidade dos voluntarios de UNICEF e dos voluntarios da Asociación Cultural O CASTRO

¡PARTICIPA!