Presentación da longametraxe VILAMOR

A Asociación Cultural O CASTRO de Baión (Vilanova de Arousa), segue na teima de promocionar a Cultura Galega entre os seu socios, por elo reciben este xoves 19 de abril, ás 20:00h na Casa da Cultura  de Baión o equipo da longametraxe VILAMOR, a cuarta longametraxe de Ignacio Vilar.

 

PROGRAMA:

 1ª Intervención: Ignacio Vilar: como se fai unha película, proceso creativo dun filme.

2ª Rubén Riós: "por que estamos aquí?", experiencias previas e necesidade de poñer en valor a cultura e a lingua galega a través do séptimo arte.

3º Xoel Yáñez: rodaxe Vilamor, historia. Que é Vilamor? Anécdotas da rodaxe.

4º Sabela Arán: experiencia persoal, rodaxe, historia da película.

5º Concurso enfocado ás redes sociais (últimos 5 minutos).

6º Rolda de preguntas.

7º PROXECCION do fim PRADOLONGO.

 

As estreas estanse levando a cabo dende o fin de semana pasado pola principais cidades de Galicia como podes ver neste enlace  http://www.vilamor.eu/gl/estreas/.

 

Este venres 20 de abril Vilamor entra en cartel tanto nos cines de Pontevedra (CineBoxVialia), como nos de Vilagarcía (Multicines Gran Arousa).