Actividades do Grupo de voluntariado

Hai un programa moi extenso de actividades que iredes coñecendo; agora, imos empezar por:

a-Programa social: Colaboración coas familias, cos maiores, que necesiten algún tipo de axuda (acompañamento, visitas, busqueda de asesoramento,...).

b-Programa medioambiental: Recollida domiciliaria de aceite (cociña), sabedores de que o aceite é tremendamente perxudicial  para a depuración das augas, sendo un problema medioambiental de primeira orde; entregaremos un recipiente e pasaremos a recollelo con periodicidade.

Polo tanto, si necesitas axuda ou desexas participar no programa medioambiental, comunícallo antes do 18 de agosto

  • ao  vocal de zona
  • ou no correo ocastro@ocastrobaión.es