Excursión Manzaneda

Lugar: 
Maceda e Manzaneda
Data e hora: 
Sab, 26/01/2013 - 08:00 - 22:30

O  sábado, día 26/xaneiro, levaremos a cabo unha nova viaxe a Manzaneda, a disfrutar da NEVE.

PROGRAMA

  • Sairemos ás OITO da mañá dos lugares de costume
  • parada en MACEDA(Santuario dos miragres,- incluso coa posibilidade de asistir a unha misa na honra da Virxe dos Miragres- Museo e outros lugares de interese).
  • Chegaremos a Manzaneda a media mañá
  • Xantaremos en Pobra de Trives,  fixemos xestións para comer no Restaurante O PAZO, (o mesmo do ano pasado do que saímos tan satisfeitos) por 10 €. e un prezo especial para os nenos menores de 8 anos);si che interesa, indicao cando te anotes).
  • De regreso a Baión, faremos unha parada en Ourense.

PREZOS (non incluen o xantar): Adultos: 15€, rapaces (de 6 a 14 anos) 5€  o importe abonarase no autobús.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN: ata o  día 21, no teu vocal de zona ou enviando un email a: ocastro@ocastrobaion.es .