XXI Encontro de Maiores

Lugar: 
Pavellón de deportes de Baión
Data e hora: 
Sab, 02/07/2011 - 11:00 - 23:00

Como ven sendo habitual nestas datas,  o SÁBADO, 2/XULLO/2011,   imos levar a cabo en Baión, o XXI ENCONTRO DE MAIORES, nos que veñen participando maiores das catro provincias galegas, este ano, os invitados son: A Pobra (A Coruña), Monterroso (Lugo), San Amaro (Ourense) e Meis (Pontevedra), e como anfitrións, os maiores da A.C. O Castro. Tamén  están invitados, representantes  políticos, coma os Alcaldes e Concelleiros dos lugares representados. 

O noso obxectivo é moi sinxelo: servir de canle de comunicación e de convivencia, entre maiores da nosa Comunidade, potenciando a través do Encontro, sentimentos de amizade e solidaridade entre os distintos pobos.

 

PROGRAMA

 

DE DEZ  A ONCE DA MAÑÁ:

Recepción en Baión dos grupos invitados e realización dunha  viaxe pola zona, para visitar lugares de interese, como: Casa de Valle-Inclán en Vilanova, Cambados, O Grove, Combarro, unha adega: Rosalía de Castro (Meaño), etc.

Á   UNHA

-Misa cantada pola coral:”Cantigas do Castro”

LOGO:

-Intervencións: Autoridades e representantes de maiores.

-Entrega de agasallos a tódolos presentes.

ÁS DÚAS E MEDIA:

-Xantar de confraternidade.

-Ao remate, Baile.

Ás SEIS E MEDIA:

Actuacións de:

- Grupo de danza: “O Castro” de Baión

                   - Pandereteiras do Castro.

                   - Concerto de guitarras e acordeóns 

REMATE:

- Cea e baile.

 

Durante o Encontro poderase visitar a EXPOSICIÓN de traballos feitos nas distintas clases: manualidades, encaixe, etc.