Actuación do grupo de teatro "Aturuxo"

Lugar: 
Sociedade Cultural de Mourente
Data e hora: 
Dom, 06/02/2011 - 19:00 - 20:30

O grupo de teatro "Aturuxo", da asociación cultural "O Castro", estrea a obra "O que vale unha nai".

Se queres acompañalos a cita é en Mourente.

Viaxe o balneario de Mondariz

Lugar: 
Balneario de Mondariz
Data e hora: 
Sab, 12/02/2011 - 09:00 - 22:10

A asociación de mulleres rurais Citania, organiza unha viaxe o balneario de Mondariz, onde disfrutaremos dos servizos que este establecemento oferta.

Custo da viaxe 35 €, inclue os servizos do balneario e o xantar. O autobús é subvencionado pola asociación.

Se queres participar...

  • contacta co teu vocal de zona

 

Curso de Mimbre

A Asociación de Mulleres Rurais CITANIA organiza unha nova edición do curso de mimbre. Será impartidos por un especialista no tema e poderás aprender as técnicas máis importantes para que poidas facer as cousas do teu interese.

Terá lugar tódolos xoves, a partir do 3 de febreiro, de 8 a 10 da tarde na Casa de Cultura.

O custo do curso é de 10€ mensuais.

Interesadas, comunicarllo a vocal de zona.

Mapa de situación

Se queres saber onde encontrarnos xa o podes ver no mapa

Excursión a Manzaneda

Lugar: 
Estación invernal de Cabeza de Manzaneda
Data e hora: 
Sab, 29/01/2011 - 08:00 - 22:30

Un ano mais levaremos a cabo a visita a Manzaneda, a disfrutar da neve.

Sairemos ás OITO da mañá dos lugares de costume e despois dalgunha parada polo camiño, posiblemente en Ribadavia, chegaremos a Manzaneda a media mañan, onde disfrutaremos da neve.

Curso de poda e boas prácticas agrarias

Lugar: 
Sede social do Carballo
Data e hora: 
Ven, 14/01/2011 - 20:30 - 22:00
Sab, 15/01/2011 - 10:30 - 13:30
Ven, 21/01/2011 - 20:30 - 22:00
Sab, 22/01/2011 - 10:00 - 13:30

No curso de poda e boas prácticas agrarias trataranse todos os aspectos que inciden na poda e mantenemento da viñas.

Este curso constará de duas sesións teóricas (os venres) e dúas prácticas (sábados). Será impartido por Julio Reboredo, Inxeneiro Técnico Agrícola, Máster en Enoloxía e Viticultura pola Estación Enolóxica de Galicia.

O finalizar o mesmo entregarase un diploma de asistencia.

Se queres participar...

BAILE DE FIN DE ANO

Lugar: 
Casa de Cultura - Baión
Data e hora: 
Sab, 01/01/2011 - 01:00

Contaremos con BOA MÚSICA, brindaremos polo NOVO ANO cunha copa de CHAMPÁN  e tampouco faltará a clásica chocolatada .; tamén , disporemos dun  sistema de calefacción.

Polo tanto, si desexas recibir connosco o 2011, si tes alguna  pereza a saír despois de cear e non  queres utilizar moito o coche, non teñas dúbida: ANÍMATE a disfrutar nesta noite chea de ledicia, pois estamos seguros que o pasarás ben ¡ ESPERÁMOSTE!

                   Sen máis, esperando a participación coa familia, nestas actividades, aproveitamos a ocasión para desexarvos BOAS FESTAS  e un ANO NOVO   cheo de

¡SAÚDE E FELICIDADE!

 

BELÉN ARTÍSTICO

A partires do día 25 (á saída das misas de festivos e domingos), pódese visitar o BELÉN.

Horario de visitas diarias: tódolos días(agás o 31 e 5) de seis e media a oito da tarde, ata o 6/xaneiro; logo, poderá verse os domingos(á saída das misas) 10 e 17, día no que se pechará.

Galería

CANTO DE VILANCICOS POLAS ALDEAS DE BAIÓN, POLO GRUPO XUVENIL

Lugar: 
Por todo Baión
Data e hora: 
Ven, 24/12/2010 - 16:00 - 20:00

Rogamos a colaboración con estes rapaces, que nos farán lembrar tempos pasados, recuperando así esta tradición.

Festival de Nadal 2010

Lugar: 
Casa de Cultura
Data e hora: 
Sab, 25/12/2010 - 17:30 - 20:00

Haberá:

  • Presentación.
  • BELÉN VIVENTE, polos nenos/as  do Catecismo parroquial.
  • Actuacións dos grupos do Castro :Coral xuvenil, Pandeireteiras e Grupo de Danza .

Durante o FESTIVAL, sortearase a CESTA DE NADAL a beneficio do Catecismo.

Distribuir contido