Como cada ano o Grupo Teatral Aturuxo da Asociación Cultural O Castro organiza o seu Certame de Teatro. Este ano as representacións terán lugar os venres as 20:30 na Casa de Cultura de Baión (Vilanova de Arousa).
O próximo 15 de febreiro celebraremos o Entroido no pavellón de Deportes de Baión, co seguinte programa:
DESFILE DE CARROZAS:
Sairemos ás DOCE da mañá do lugar de costume: BARCIA; tódolos participantes para ter dereito á axuda por carroza, deben cumprir o seguinte:teñen que sair de Barcia, NON incorporarse no percorrido, rematando no campo da igrexa.Así mesmo, cada carroza ten que ir acompañada de componentes disfrazados, NON a carroza soa. Todo iso co fin de levar a “alegría” do Entroido pola parroquia e poidan disfrutar do mesmo aquelas persoas impedidas que non poden desprazarse; PARA QUE SE LEVE A CABO O DESFILE, TEN QUE HABER UN MÌNIMO DE 4 CARROZAS
CONCURSO DE DISFRACES:
O sábado, día 31/xaneiro, levaremos a cabo unha nova viaxe a Manzaneda, a desfrutar da NEVE.
Sairemos ás OITO da mañá dos lugares de costume. Faremos unha parada de camiño para chegar a Manzaneda a media mañá.
Esta nova actividade de conferencia- cine- debate, puxose en marcha con motivo do 25 aniversario e cada mes está adicado a unha sección da Asociación.
Xaneiro: Mes das Mulleres
Sábado 17 de xaneiro de 2015 na Casa de Cultura de BAIÓN- Vilanova de Arousa. Contaremos coa presenza das participantes dos cursos de calceta, bordado e bolillos das nosas asociacións, pero tamén asistirán membros de: Palilleiras “A Floriña”, A. de Mulleres de Corón (de Vilanova), Agrupación de Cambados, A. O Souto de Rubiáns e A. A Fieitiña de Pontevedra.
Convidamos a todos os socios a visitar a exposición de labores realizada para este evento, así como apreciar o traballo que realizan as participantes. Tamén se contará con un posto de artesanía.
A Asociación Cultural "O Castro", ten proxectado celebrar o XI ENCONTRO DE RONDALLAS, prevista para o domingo, 21 de decembro de 2014 as 18,00 h. Será na Casa de Cultura de Baión.
Decembro: Mes da Música Sinfónica
Levarase a cabo o vindeiro sábado, día 20, ás OITO e MEDIA da tarde.
CHARLA: A MÚSICA SINFÓNICA A TRAVÉS DA HISTORIA .
Levarase a cabo o DOMINGO, 21/decembro na Casa da Cultura de Baión:
PROGRAMA
-5,30:Nadal de Maiores, ao que están invitados tódolos socios, en especial os socios MAIORES; intervirán : representantes dos maiores, da Asociación e representantes municipais. Trátase de ter xuntos unha xornada de convivencia neste tempo do Nadal.
A Directiva da Asociación Cultural O CASTRO ten o pracer de convidar a todos os socios e amigos a participar na Cea do 15 de novembro ás 21h organizada con motivo da celebración do XXV ANIVERSARIO da súa fundación.
O importe da Cea (rogamos fágano efectivo no momento de anotarse) será:
A Asociación Cultural O Castro celebrou o pasado 10/05/2014 no polideportivo de Baión a
XII Xuntanza Internacional de Corais,
na que participaron as seguintes corais.
A CORUÑA................................... Coral polifónica de URDILDE de Urdilde
Director: D. Luis Martínez Sánchez
LUGO........................................... Coral polifónica de PALAS DE REI de Palas de Rei
Directora: Dª. María Dolores Carrera Villasante.
OURENSE......................................Coral-Rondalla ALECRIN de Ourense
Director: D. Xoan Antón Vázquez Casas
PONTEVEDRA............................... Coral del CLUB DE LA TERCERA EDAD de A Guarda
Director: D. David González Sobrino
ZAMORA........................................Coral AURES CANTIBUS de Zamora
Directora: Dª. Oksana Kharina
PORTUGAL....................................Grupo Polifónico da FRANQUEIRA
Director: D. José Fernando Vale
ANFITRIONA................................ Coral CANTIGAS DO CASTRO de Baión
Director: D. Luis Renda Dios