Dentro das actividades culturais que organizamos anualmente, por estas datas realizamos a visita a outra comunidade autónoma, nesta ocasión coñeceremos Andalucía. Mesturaremos a visita a costa: Marbella, Torremolinos, Puerto Banús, ... , con pobos do interior menos coñecidos pero dunha especial fermosura: Antequera, Ronda e Mijas.
Programa:
En colaboración coa Deputación Provincial de Portevedra, organizamos unha viaxe polas terras do Miño:
Prezo: 10 €/persoa (inclúe autobús, visits, guías, paseo polo río e xantar)
Prazo: 20 de Abril
A Asociación Cultural O CASTRO organiza unha nova edición do Festival de Danza, nesta ocasión contamos coa presencia de:
PROGRAMA
Día : 21 (Venres): Hora: 20,00 h.
- Representación da obra: HISTORIAS DUNHA PRAZA, polo grupo: Lúa Chea de Poio
Día :22 ( sábado): Hora:20,30
- Representación da obra : A FAMILIA SEMPRE UNIA, por Aula municipal A Illa
O sábado, día 25/xaneiro, levaremos a cabo unha nova viaxe a Manzaneda, a disfrutar da NEVE.
Sairemos ás OITO da mañá dos lugares de costume e a primeira parada vai ser no pobo de Xunqueira de Espadañedo(Ourense) para visitar unha das alfarerías máis importantes de Galicia; visitaremos primeiro o taller de alfarería onde nos farán unha demostración de cómo se traballa o barro y logo a exposición das pezas máis representativas.
Comezamos un novo curso de informática o día 21 de outubro.
Este ano levarase a cabo na nova aula de informática na sede social do Carballo, creada con Fondos do FEADER do Programa LEADER GALICIA 2007-2013. Dende aquí agradecer a todo o equipo do GDR SALNÉS pola súa colaboración.
Si estás interesado en participar neste curso, comunicallo ao vocal de zona ou envía un correo a: ocastro@ocastrobaion.es (asunto: curso Infor13-14).
Rematando o verán, desenvolvemos as actividades acuáticas programadas.
Os nenos e non tan nenos puideron gozar do kaiak, da zepelina (inchable) e dunha táboa de surfing.
Este fin de semana fomos de cámping a Portonovo (Cámping Baltar).
Xuntámonos 19 persoas que saímos de Baión ás 17,30 h.
Montamos as tendas (non sen certa dificultade algúns) e cando caía a tardiña celebramos o cumple de Laura.
A algúns esta noite custoulles un pouco durmirse. Tamén é verdade que tiñamos ao lado uns portugueses que estiveron ata as tantas de troula.
Pola contra relacionámonos ben con outro grupo de portugueses que o tiñan ben montado, mesmo levaban neveira.