A Asociación Cultural "O Castro", ten proxectado celebrar a V XUNTANZA XOVEN de corais infantís e xuvenís, prevista para o sábado, 12 de novembro de 2011 as 18,00 h.
Será na Casa de Cultura de Baión.
Un ano máis celebraremos unha cea de confraternidade para todos os socios no Hotel - Restaurante Sena de Caldas de Reis. Reserva a túa invitación antes do 1 de decembro.
O prezo: 25€/persoa
Contactar:
PROGRAMA
Venres, 5 de agosto ás 21:30
-Presentación do certame a cargo de Alberto Dosil, autor teatral, ganador de varios premiose membro do grupo de teatro: Valle Innova de Vilanova.
-Proxección da montaxe “Aturuxo, dez anos en escea”
-Representación da obra:“Pista ou Peste” Grupo de Teatro Municipal de Illa de Arousa
Sábado, 6 de agosto ás 22:00
O domingo, día 24/xullo, imos levar a cabo esta excursión, a PORTUGAL, con arreglo ao seguinte PROGRAMA:
O luns 27 de xuño remata o curso de informática que se ven desenvolvendo na sede social do Carballo dentro do programa "Ti tamén contas" da Deputación Provincial de Pontevedra.
A Asociación Cultural O CASTRO, felicita a todos os participantes e agradece a dedicación do profesorado, responsables todos eles do exito deste curso.
Como ven sendo habitual nestas datas, o SÁBADO, 2/XULLO/2011, imos levar a cabo en Baión, o XXI ENCONTRO DE MAIORES, nos que veñen participando maiores das catro provincias galegas, este ano, os invitados son: A Pobra (A Coruña), Monterroso (Lugo), San Amaro (Ourense) e Meis (Pontevedra), e como anfitrións, os maiores da A.C. O Castro. Tamén están invitados, representantes políticos, coma os Alcaldes e Concelleiros dos lugares representados.
O noso obxectivo é moi sinxelo: servir de canle de comunicación e de convivencia, entre maiores da nosa Comunidade, potenciando a través do Encontro, sentimentos de amizade e solidaridade entre os distintos pobos.
PROGRAMA
Dende o 15 de xuño comezarase a desfacer mimosa en Serantes, Barcia, Torre, Romarís,..., todos os que desexedes colaborar contactar co vocal correspondente.
O sábado 25 pola tarde, reuniremos as frores na casa da fábrica e marcaremos a alfombra.
O domingo 26, a partir das 6:00 daremoslle colorido a alfombra. Contamos con todos vos.
Como tódolos anos, dentro do programa de Medio Ambiente, a nosa Asociación vai participar nesta Festa en Culleredo (A Coruña).A saída será ás 9:30 da mañá dos lugares de costume.
Disfrutaremos de: xogos para os máis pequenos, inchables, exposicións, talleres de prensa, etc; así como de diversas demostracións dos corpos de Bombeiros, Salvamento e Socorrismo, Garda Civil...
O 17 de Maio celebrase o día das Letras Galegas, adicado este ano o poeta monfortino LOIS PEREIRO.
Con tal motivo convidámosvos o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS que se vai celebrar o próximo martes, día 17 ás 7´30 da tarde na Casa de Cultura de Baión.
A Asociación Cultural O Castro celebrou o pasado 07/05/2011 no polideportivo de Baión a
IX Xuntanza Internacional de Corais, (diario de arousa) (faro de vigo) (galería) (programa)
na que participaron as seguintes corais.
A CORUÑA (Padrón).................. Coral POLIFÓNICA PADRONESA
LUGO (Lugo)..................................................... ORFEÓN LUCENSE
OURENSE (Velle)................................ Coral CANTARES DO MIÑO
PONTEVEDRA (Guillán).............................................. Coral BRISAS
ASTURIAS (Oviedo)..................................................... Coral DAFNE
PORTUGAL (Rio Tinto).................................. Orfeão de RIO TINTO
ANFITRIONA (Baión)...................... Coral CANTIGAS DO CASTRO
Dende a Asociación queremos agradecer a todas elas a súa participación.