IX Xuntanza Internacional de Corais

Lugar: 
Polideportivo - BAIÓN
Data e hora: 
Sab, 07/05/2011 - 10:30 - 23:30

A Asociación Cultural "O Castro", ten proxectado celebrar a IX XUNTANZA INTERNACIONAL DE CORAIS, prevista para o sábado, 07 DE MAIO.

Será no pavillón polideportivo de Baión e participarán:

A CORUÑA (Padrón).................. Coral POLIFÓNICA PADRONESA

LUGO (Lugo)..................................................... ORFEÓN LUCENSE

OURENSE (Velle)................................ Coral CANTARES DO MIÑO

PONTEVEDRA (Guillán).............................................. Coral BRISAS

ASTURIAS (Oviedo)..................................................... Coral DAFNE

PORTUGAL (Rio Tinto).................................. Orfeão de RIO TINTO

ANFITRIONA (Baión)...................... Coral CANTIGAS DO CASTRO

IX Xuntanza Internacional de Corais

Presentación do curso de Primeiros Auxilios

A Asociación de Mulleres Rurais "CITANIA" en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra organizan un curso de PRIMEIROS AUXILIOS, dentro do programa "PENSA EN TI".

A presentación do mesmo será este venres 1 de abril ás 20:00 no local social do Carballo.

  • Duración do curso: 30 horas
  • Data: os Venres de 8 a 10 da tarde

Se queres participar comunicallo :

Cursos vitivínicolas

De acordo co programa de medioambiente 2011, en próximas datas comezarán os seguintes cursos:

CURSO: ELABORACIÓN VIÑOS DO SALNÉS

  • Datas: 23 e 24 de marzo
  • Poñente: Juan Carlos Vázquez Abal; enólogo, enxeñeiro técnico agrícola e catador oficial do Consello Regulador Rías Baixas

  • Programa
  • Inscripción: ata o 23 de marzo

CURSO: CATA DE VIÑOS

  • Datas: 14 e 15 de Abril, ás 20:30
  • Poñente: Juan Carlos Vázquez Abal; enólogo, enxeñeiro técnico agrícola e catador oficial do Consello Regulador Rías Baixas

CURSO: CARNET FITOSANITARIO

 

  • Datas: do 25 ao 30 de Abril
  • Inscripción: ata o 25 de marzo
  • Interesados: comunicarllo ó vocal de zona

Excursión: Programa Coñece a nosa provincia

Lugar: 
Zona de Lalín
Data e hora: 
Sab, 08/10/2011 - 08:00 - 22:00

En colaboración co programa da Deputación de Pontevedra "Coñece a Provincia", o sábado 4 de xuño levaremos a cabo unha excursión a zona de LALÍN, onde visitaremos:

  • A finca MOURISCADE, a mellor finca gandeira de Galicia e das mellores de España.
  • O MUSEO ETNOGRÁFICO
  • e unha EMPRESA TEXTIL.

Curso de Elaboración de viños do Salnés

Lugar: 
Sede social do Carballo
Data e hora: 
Mer, 23/03/2011 - 20:30 - 22:00
Xov, 24/03/2011 - 20:30 - 22:00

Poñente:  Juan Carlos Vázquez Abal

  • Enólogo
  • Enxeñeiro Técnico Agrícola
  • Catador Oficial Consello Regulador Rías Baixas

PROGRAMA: ELABORACIÓN VIÑOS DO SALNÉS

Xornadas de Medio Ambiente

A Asociación Cultural "O CASTRO" de Baión, presentará o venres 18 DE MARZO, ás OITO da tarde, na Casa de Cultura de Baión as Xornadas de Formación e Sensibilización Social " A AUGA FONTE DE VIDA".

Con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DA AUGA, o 22 de marzo, instaurado pola ONU, a sección de Medio ambiente de esta asociación, ven de programar unhas xornadas  co obxecto de por de manifesto a gran importancia da auga na nosa vida e a necesidade de facer un uso responsable da mesma.

Actuación o grupo ATURUXO

Lugar: 
Casa da Cultura de Dena
Data e hora: 
Dom, 20/03/2011 - 18:00 - 19:00

O Grupo  teatral ATURUXO, da nosa Asociación segue de xira pola Comarca  do Salnés coa súa última obra en escea: O QUE VALE UNHA NAI.

Este domingo participan no Ciclo  de Teatro de Dena.

Entroido 2011

O domingo 6 de marzo celebrámolo antroido co tradicional desfile de carrozas pola parroquia, para o que contamos coa axuda de Protección Civil de Vilanova de Arousa.

A continuación celebrouse o concurso e o baile de disfraces, coa actuación musical da Orquesta D´TACÓN.  Durante o mesmo tivo lugar o sorteo da rifa de antoido, os números premiados foron:

IV Festival de Danza

Lugar: 
Pavillón de deportes - Baión
Data e hora: 
Sab, 26/02/2011 - 18:00 - 20:00

No IV Festival de Danza de Baión, que terá lugar este sábado acompañarán o

  • Grupo de Danza "O CASTRO"

as formacións:

  • Asociación Cultural de Baile e Gaita San Pedro de Cea
  • Grupo de Baile Embruxo, da Asociación Cultural e Deportiva Fontefría de Guillán

 

   

 

  • Grupo Infantil e Juvenil de Danças e Cantares de Joane (Portugal)
Distribuir contido