Grupos

Todo o contido relacionado cos grupos artísticos da asociación

Coro Xuvenil "O Castro"

Director: D. Luis Renda Dios

O coro xuvenil "O CASTRO" empezou a súa andaina a principios do ano 2003. Esto foi posible polo interese da ASOCIACIÓN CULTURAL O CASTRO en darlle continuidade ó coro de adultos (Cantigas do Castro) e a súa rondalla (O Castro), así coma darlle unha actividade aos máis pequenos relacionada coa música. Seus 25 compoñentes son nenos e nenas cunha media de idade de 15 anos, e algúns deles xa están empezando a estudiar algún instrumento (Guitarra, violín, viola).

O seu repertorio abarca tanto cancións relixiosas coma populares, tendo varias pezas coa rondalla e o coro de adultos da mesma asociación.

Destacan súas actuacións en Narón, Vilagarcía, Portonovo, Lugo, Santiago, Vigo, Pontevedra, Aveiro (Portugal), Fabero (León) e Madrid. Este ano están sendo moi solicitados en misas con acompañamento da rondalla O Castro. O importante sobre todo e que os nosos nenos disfruten con esta actividade tan fermosa que temos, A MÚSICA.

 

Pandeireteiras do Castro

 

O grupo de pandeireteiras da Asociación Cultural “O Castro”, naceu no ano 2009 no seo da Asociación de Mulleres Rurais “CITANIA” que forma parte da mesma asociación cultural. 

Grupo de Danza "O Castro"

O Grupo de Danza O Castro está en constante evolución dende o ano 2006, data da súa fúndación, fusiona a o baile tradicional galego co ballet clasico na procura dunha danza alegre e dinámica.

Rondalla "O Castro"

Director:D. Luis Renda Dios

A rondalla O CASTRO naceu no ano 1998 no seo da Asociación Cultural O Castro de Baión, con 30 compoñentes de tódalas idades.

As pezas do grupo están compostas basicamente por cancións populares, tendo tamén un repertorio conxunto coa Coral Cantigas do Castro e outro de cantos populares e relixiosos co coro xuvenil O Castro da mesma asociación. Na actualidade están a preparar pezas doutros estilos como o musical, bandas sonoras e zarzuela.

Agrupación teatral ATURUXO

O grupo de teatro afeccionado  “Aturuxo” naceu antes que a propia Asociación Cultural “O CASTRO” hai máis de vintecinco anos, representando por primeira vez en Baión  “Os vellos non deben namorarse” de Castelao. Despois de varios anos nos escenarios fixeron unha longa pausa.

A actividade teatral deste grupo retomase de novo no  ano 2005 no seo da  Asociación Cultural “O CASTRO”   coa obra “A familia sempre unida”. A esta séguelle “Triste chegada”, “A fonte do Cacique” de X.L. Vila Fariña ou “A parella”

Coral "Cantigas do Castro"

A coral Cantigas do Castro naceu con 16 compoñentes no ano 1993 no seo da Asociación Cultural  O Castro de Baión, sendo a súa primeira directora Dª. Teresa Jorge.

O seu repertorio abarca música galega, popular, sacra, habaneras, etc., tendo tamén un repertorio conxunto coa rondalla “O CASTRO” pertencente á mesma Asociación.

Distribuir contido