Medio ambiente

Sección de MEDIO AMBIENTE

A Asociación Cultural O CASTRO, por medio da sección de Medio Ambiente, quere acadar a sensibilización sobre os problemas MEDIOAMBIENTAIS que nos afectan.

Para elo potenciamos -a través do desenvolvemento de programas específicos- actitudes positivas e  a creación dunha cultura básica de interese  e respeto polo Medio Ambiente, tratando de fomentar a implicación social na defensa do mesmo.

En Clave do Castro - abril

Lugar: 
Sede social do Carballo
Data e hora: 
Ven, 17/04/2015 - 21:00 - 23:20

Esta nova actividade de conferencia- cine- debate, puxose en marcha con motivo do 25 aniversario e cada mes está adicado a unha sección da Asociación.

Abril: Mes do Medio Ambiente

O venres 17 de Abril as 21:00 está programada a proxección da película: “La Selva Esmeralda” dirixida por John Boorman, será novamente no local social do Carballo.

Charla: "COMPOSTAXE"

Lugar: 
Sede social do Carballo
Data e hora: 
Xov, 16/04/2015 - 20:00 - 22:00

Tal como figura na programación do XXV Aniversario da Asociación, o mes de Abril está adicado ao Medio Ambiente, neste marco situamos a charla informátiva sobre a COMPOSTAXE DOS RESIDUOS ORGÁNICOS que será impartida por un técnico de SOGAMA este Xoves 16 ás 20:00h no Carballo.

Esta charla quere ser o punto de partida para a implantación da compostaxe en Baión, a través dun proxecto piloto para o que se seleccionará un grupo de veciños que queiran participar nesta iniciativa.

Festa Voz Natura 2014

Lugar: 
Culleredo
Data e hora: 
Sab, 07/06/2014 - 09:00 - 20:00

Como tódolos anos, dentro do programa de Medio Ambiente, a nosa Asociación vai participar nesta Festa en Culleredo (A Coruña).A saída será ás 9:30 da mañá dos lugares de costume.

Disfrutaremos de: xogos para os máis pequenos, inchables, exposicións, talleres de prensa, etc; así como de diversas demostracións dos corpos de Bombeiros, Salvamento e Socorrismo, Garda Civil...

Actividade Voz Natura en Baión

O mércores 21 de marzo ás 5 da tarde no Carballo prantaremos as derradeiras prantas no novo xardín-anfiteatro, para o que precisamos a vosa colaboración.

Contaremos coa presencia de José Antonio Díaz Núñez, representante do Comité Científico de Voz Natura - La Voz de Galicia para avaliar o noso proxecto.

Curso fitosanitario 2012

Tendo en conta a petición dalgunhas persoas  pola esixencia LEGAL de ter o TÍTULO DE MANIPULADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS, temos a posibilidade de levar a cabo en Baión este curso.

Si estás interesado, comunicallo ao vocal de zona ou envía un correo a: ocastro@ocastrobaion.es (asunto: curso fitosanitario).

Próximamente faremos unha xuntanza para informar do importe e doutros datos de interese.

Festa Voz Natura

Lugar: 
Culleredo
Data e hora: 
Sab, 04/06/2011 - 09:00 - 20:00

Como tódolos anos, dentro do programa de Medio Ambiente, a nosa Asociación vai participar nesta Festa en Culleredo (A Coruña).A saída será ás 9:30 da mañá dos lugares de costume.

Disfrutaremos de: xogos para os máis pequenos, inchables, exposicións, talleres de prensa, etc; así como de diversas demostracións dos corpos de Bombeiros, Salvamento e Socorrismo, Garda Civil...

Cursos vitivínicolas

De acordo co programa de medioambiente 2011, en próximas datas comezarán os seguintes cursos:

CURSO: ELABORACIÓN VIÑOS DO SALNÉS

  • Datas: 23 e 24 de marzo
  • Poñente: Juan Carlos Vázquez Abal; enólogo, enxeñeiro técnico agrícola e catador oficial do Consello Regulador Rías Baixas

  • Programa
  • Inscripción: ata o 23 de marzo

CURSO: CATA DE VIÑOS

  • Datas: 14 e 15 de Abril, ás 20:30
  • Poñente: Juan Carlos Vázquez Abal; enólogo, enxeñeiro técnico agrícola e catador oficial do Consello Regulador Rías Baixas

CURSO: CARNET FITOSANITARIO

 

  • Datas: do 25 ao 30 de Abril
  • Inscripción: ata o 25 de marzo
  • Interesados: comunicarllo ó vocal de zona

Curso de Elaboración de viños do Salnés

Lugar: 
Sede social do Carballo
Data e hora: 
Mer, 23/03/2011 - 20:30 - 22:00
Xov, 24/03/2011 - 20:30 - 22:00

Poñente:  Juan Carlos Vázquez Abal

  • Enólogo
  • Enxeñeiro Técnico Agrícola
  • Catador Oficial Consello Regulador Rías Baixas

PROGRAMA: ELABORACIÓN VIÑOS DO SALNÉS

Xornadas de Medio Ambiente

A Asociación Cultural "O CASTRO" de Baión, presentará o venres 18 DE MARZO, ás OITO da tarde, na Casa de Cultura de Baión as Xornadas de Formación e Sensibilización Social " A AUGA FONTE DE VIDA".

Con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DA AUGA, o 22 de marzo, instaurado pola ONU, a sección de Medio ambiente de esta asociación, ven de programar unhas xornadas  co obxecto de por de manifesto a gran importancia da auga na nosa vida e a necesidade de facer un uso responsable da mesma.

Distribuir contido