Maiores

Curso Informática 2011

O luns 27 de xuño remata o curso de informática que se ven desenvolvendo na sede social do Carballo dentro do programa "Ti tamén contas" da Deputación Provincial de Pontevedra.

A Asociación Cultural O CASTRO, felicita a todos os participantes e agradece a dedicación do profesorado, responsables todos eles do exito deste curso.

XXI Encontro de Maiores

Lugar: 
Pavellón de deportes de Baión
Data e hora: 
Sab, 02/07/2011 - 11:00 - 23:00

Como ven sendo habitual nestas datas,  o SÁBADO, 2/XULLO/2011,   imos levar a cabo en Baión, o XXI ENCONTRO DE MAIORES, nos que veñen participando maiores das catro provincias galegas, este ano, os invitados son: A Pobra (A Coruña), Monterroso (Lugo), San Amaro (Ourense) e Meis (Pontevedra), e como anfitrións, os maiores da A.C. O Castro. Tamén  están invitados, representantes  políticos, coma os Alcaldes e Concelleiros dos lugares representados. 

O noso obxectivo é moi sinxelo: servir de canle de comunicación e de convivencia, entre maiores da nosa Comunidade, potenciando a través do Encontro, sentimentos de amizade e solidaridade entre os distintos pobos.

 

PROGRAMA

NADAL DE MAIORES / VII ENCONTRO DE RONDALLAS

Lugar: 
Casa da Cultura - Baión
Data e hora: 
Dom, 19/12/2010 - 17:00
Rondalla "O Castro"

O nadal dos maiores, contará co seguinte programa:

  • Presentación
  • Proxección  dun vídeo sobre as actividades da Asociación.
  • Intervencións: autoridades invitadas e representantes de maiores  e Asociación.

A continuación, celebraremos o VII ENCONTRO DE RONDALLAS, coa actuación de:

  • Rondalla: O Gato Negro de Carril
  • Rondalla: Tanxedoira de Sta. María de Oza (A Coruña).
  • Rondalla: Mulleres de Santa Uxía de Mandiá (A Coruña).
  • Rondalla: O Castro de Baión-Vilanova

Ao remate, haberá unha “invitación “ para todos: maiores e participantes no Encontro de rondallas.

Galería de fotos

 

Distribuir contido