A Asociación de Mulleres Rurais "CITANIA" nace en 2001, no seo da Asociación cultural "O CASTRO", tendo como finalidade a concienciación social sobre os problemas que afectan á muller:
Dende entón programan charlas, cursos, viaxes culturais, xornadas formativas, etc...
Coincidindo co mes da Muller, o ciclo de cine proxectará o filme THELMA E LOUSUISE, un drama que mostra a rebeldía de dúas mulleres ante a situación de maltrato que viven.
Sábado 17 de xaneiro de 2015 na Casa de Cultura de BAIÓN- Vilanova de Arousa. Contaremos coa presenza das participantes dos cursos de calceta, bordado e bolillos das nosas asociacións, pero tamén asistirán membros de: Palilleiras “A Floriña”, A. de Mulleres de Corón (de Vilanova), Agrupación de Cambados, A. O Souto de Rubiáns e A. A Fieitiña de Pontevedra.
Convidamos a todos os socios a visitar a exposición de labores realizada para este evento, así como apreciar o traballo que realizan as participantes. Tamén se contará con un posto de artesanía.
Contaremos coa presenza das participantes dos cursos de calceta, bordado e bolillos das nosas asociacións, pero tamén asistirán membros de: Palilleiras “A Floriña”, A. de Mulleres de Corón (de Vilanova), Agrupación de Cambados, A. O Souto de Rubiáns e A. A Fieitiña de Pontevedra.
Lectura do pregón a cargo de Mario Gallego
III Encontro de Palilleiras e Labores Artesanais en Vilanova de Arousa organizado pola Asociación A Floriña celebrado o 29/7/2012.
A Asociación de Mulleres Rurais "CITANIA" en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra organizan un curso de PRIMEIROS AUXILIOS, dentro do programa "PENSA EN TI".
A presentación do mesmo será este venres 1 de abril ás 20:00 no local social do Carballo.
Se queres participar comunicallo :