Xuventude

Desfile e Festival de Entroido

Lugar: 
Baión
Data e hora: 
Dom, 07/02/2016 - 12:00 - 23:00

O próximo 7 de febreiro celebraremos o Entroido no pavellón de Deportes de Baión, co seguinte programa:

DESFILE DE CARROZAS:

Excursión a Manzaneda

Lugar: 
Manzaneda
Data e hora: 
Sab, 30/01/2016 - 08:00 - 22:00

O sábado, día 30/xaneiro, levaremos a cabo unha nova viaxe a Manzaneda, a desfrutar da NEVE.

Sairemos ás   OITO da mañá dos lugares de costume. Faremos unha parada de camiño para chegar a Manzaneda a media mañá.

Excursión a Manzaneda

Lugar: 
Manzaneda
Data e hora: 
Sab, 31/01/2015 - 08:00 - 22:00

 O sábado, día 31/xaneiro, levaremos a cabo unha nova viaxe a Manzaneda, a desfrutar da NEVE.

Sairemos ás   OITO da mañá dos lugares de costume. Faremos unha parada de camiño para chegar a Manzaneda a media mañá.

XUNTANZA GALEGA POLA INFANCIA

Lugar: 
Local Social do Carballo
Data e hora: 
Sab, 27/12/2014 - 10:00 - 19:00

Dentro da colaboración con UNICEF e, como ven sendo habitual, con motivo do aniversario da Declaración dos Dereitos do Neno, levaremos a cabo uns actos o sábado, 27 de decembro na Casa de Cultura de Baión, no que participarán nenos do entorno e doutras provincias.

PROGRAMA

11,00-Recepción dos asistentes e proxección dun documental sobre o tema. Logo, obradoiros.

13,00- Posta en común

Festa Voz Natura 2014

Lugar: 
Culleredo
Data e hora: 
Sab, 07/06/2014 - 09:00 - 20:00

Como tódolos anos, dentro do programa de Medio Ambiente, a nosa Asociación vai participar nesta Festa en Culleredo (A Coruña).A saída será ás 9:30 da mañá dos lugares de costume.

Disfrutaremos de: xogos para os máis pequenos, inchables, exposicións, talleres de prensa, etc; así como de diversas demostracións dos corpos de Bombeiros, Salvamento e Socorrismo, Garda Civil...

Excursión a Manzaneda

Lugar: 
Manzaneda
Data e hora: 
Sab, 25/01/2014 - 08:00 - 20:00

O sábado, día 25/xaneiro, levaremos a cabo unha nova viaxe a Manzaneda, a disfrutar da NEVE.

Sairemos ás   OITO da mañá dos lugares de costume e a primeira parada vai ser no pobo de Xunqueira de Espadañedo(Ourense) para visitar unha das alfarerías máis importantes de Galicia; visitaremos primeiro o taller de alfarería onde nos farán unha demostración de cómo se traballa o barro y logo a exposición das pezas  máis representativas.

Actividades acuáticas

Lugar: 
O Terrón e Cortegada
Data e hora: 
Xov, 29/08/2013 - 17:00
Mar, 03/09/2013 - 16:00

Rematando o verán, desenvolvemos as actividades acuáticas programadas.
Os nenos e non tan nenos puideron gozar do kaiak, da zepelina (inchable) e dunha táboa de surfing.

Camping Xuvenil

Lugar: 
Portonovo (Camping BALTAR)
Data e hora: 
Ven, 30/08/2013 - 17:30 - Dom, 01/09/2013 - 17:30

Este fin de semana fomos de cámping a Portonovo (Cámping Baltar).

Xuntámonos 19 persoas que saímos de Baión ás 17,30 h.
Montamos as tendas (non sen certa dificultade algúns) e cando caía a tardiña celebramos o cumple de Laura.
A algúns esta noite custoulles un pouco durmirse. Tamén é verdade que tiñamos ao lado uns portugueses que estiveron ata as tantas de troula.
Pola contra relacionámonos ben con outro grupo de portugueses que o tiñan ben montado, mesmo levaban neveira.

Excursión ao parque acuático de Cerceda

Lugar: 
Cerceda
Data e hora: 
Sab, 22/06/2013 - 08:00 - 21:00

Nova viaxe ao Parque acuático de Cerceda o 22 de xuño; saíremos ás NOVE E MEDIA da mañá das paradas de costume e o regreso será á tardiña .

O importe da viaxe inclúe transporte e entrada (que se pagará no autobús) será:

Festa lúdico/deportiva (Recuperación de xogos tradicionais

Lugar: 
Campo da Igrexa-Baión
Data e hora: 
Dom, 16/06/2013 - 11:00 - 22:00

Levarase a cabo o vindeiro DOMINGO, día 16/xuño                                  

PROGRAMA

MAÑÁ:

Distribuir contido