Director: D. Luis Renda Dios
O coro xuvenil "O CASTRO" empezou a súa andaina a principios do ano 2003. Esto foi posible polo interese da ASOCIACIÓN CULTURAL O CASTRO en darlle continuidade ó coro de adultos (Cantigas do Castro) e a súa rondalla (O Castro), así coma darlle unha actividade aos máis pequenos relacionada coa música. Seus 25 compoñentes son nenos e nenas cunha media de idade de 15 anos, e algúns deles xa están empezando a estudiar algún instrumento (Guitarra, violín, viola).
O seu repertorio abarca tanto cancións relixiosas coma populares, tendo varias pezas coa rondalla e o coro de adultos da mesma asociación.
Destacan súas actuacións en Narón, Vilagarcía, Portonovo, Lugo, Santiago, Vigo, Pontevedra, Aveiro (Portugal), Fabero (León) e Madrid. Este ano están sendo moi solicitados en misas con acompañamento da rondalla O Castro. O importante sobre todo e que os nosos nenos disfruten con esta actividade tan fermosa que temos, A MÚSICA.
A Asociación Cultural "O Castro", ten proxectado celebrar a V XUNTANZA XOVEN de corais infantís e xuvenís, prevista para o sábado, 12 de novembro de 2011 as 18,00 h.
Será na Casa de Cultura de Baión.
O 17 de Maio celebrase o día das Letras Galegas, adicado este ano o poeta monfortino LOIS PEREIRO.
Con tal motivo convidámosvos o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS que se vai celebrar o próximo martes, día 17 ás 7´30 da tarde na Casa de Cultura de Baión.
Haberá:
Durante o FESTIVAL, sortearase a CESTA DE NADAL a beneficio do Catecismo.
Neste fetival participa:
Que nos deleitaran con parte do seu repertorio.