As actividades son de caracter annual e son organizadas na súa meirande parte pola Asociación de Mulleres Rurais Citania, e que colaboran moi de preto coa Asociación Cultural O Castro, sendo as participantes asociadas comúns a ambas asociacións, beneficiándose de recursos humanos e materiais polasdúas partes e aproveitando todas as sinerxias.
Os cursos adoitan ter unha duración concreta e varían cada ano.
Ximnasia de mantemento
Actividade dinámica e divertida con moita música e ritmo.
Luns de 20.00 a 21.00 horas e mércores de 19.30 a 20.30 horas.
Monitora. Patricia Carlés. Lugar: Casa Cultura de Baión.
Pintura
Baixo a sabia dirección das pinceladas de Xaquín Chaves.
Xoves de 19.00 a 21.00 horas
Lugar: Local Social do Carballo. Baión
Bordado
Trabállanse toda clase de bordados en mantelerías, roupas de cama, cortinas…e sobre calquera elemento de tea ou prenda.
Ao fronte está Mª Jesús os mércores de 20.00 a 22.00 horas no local da Asociación de Montes,
no Carballo, Baión.
Bolillos
Apréndese a arte de palillar tanto de Camariñas coma de outras zonas e rexións.
Dirixidas por Elda Froiz.
Luns de 20.00 a 22.00 na Casa de Cultura de Baión.
Calceta
Realización de prendas de todo tipo con diferentes tipos de lás e fíos poñendo en valor o manual e artesanal.
Baixo a experiencia de Carmiña Ferreirós, os martes de 20.00 a 22.00 horas na Casa da Cultura de Baión.
Estamos pendentes do comezo dos cursos de “Informática” e “Autoestima” proximamente.