$show=/202$source=random-posts$c=5$type=slider$src$snippet=hide$cate=0$tb=rainbow$m=hide$src

$show=home$type=slider$snippet=hide$tb=rainbow$m=hide

Grupos

Coral “Cantigas do Castro” 

Nace no ano 1993 con 16 integrantes. Na actualidade son 30. Dende 1997 e ata o 2024 estiveron dirixidos por D. Luis Renda Dios, sendo na actualidade a súa directora Dna. Sara Diz Rodríguez.

Dende 1999 pertencen á Federación Galega de Corais e é xusto nesa data cando se celebra a I Xuntanza Internacional de Corais coa participación dunha coral de Portugal, unha coral de cada provincial galega e outra dunha autonomía do Estado. Este é un Encontro de confraternidade onde se establecen lazos de colaboración e amizade e neste 2024 ten lugar o XXI Encontro.

Na andaina da Coral percorreron máis de trinta cidades españolas e moitas vilas portuguesas participando en nuerosos concertos e encontros, actuacións na TVG, gravación de un cd propio e outro en conxunto coa Rondalla “O Castro”, cun repertorio estenso e variado: música galega, popular, sacra, habaneras, etc , ademais do repertorio conxunto coa rondalla.

Grupo de Corda “Rondalla do Castro” 

Guitarras, laúdes, bandurrias…escóitanse polas instalacións da Asociación dende 1980 cuns 15 compoñentes. Participan en numerosas actuacións e intercambios, algunhas conxuntas coa Coral, cun repertorio fundamentalmente de música popular. Este ano celebrarase xa a edición número XIX de Encontro de Rondallas. Neste evento participan agrupacións de corda de toda a xeografía galega.

Durante a semana hai dous días nos que voluntarios do primeiro grupo liderados por Mª Teresa Pazos Dopazo, dan clases á súa vez para principiantes e noveles. Os participantes adoitan ser xente xoven que se inicia coas notas musicais e as partituras. Moito mérito ten este aspecto nun mundo onde as pantallas están a gañar case todo o tempo e o espazo, sobre todo para os máis cativos.

Levan gravados dous discos en conxunto coa coral, nos anos 2018 e 2022 

A formación musical é un elemento estrutural de formación, moi enriquecedor na vida das persoas que o disfrutan. Sempre verán a vida doutro xeito e accederán no entorno rural a actividades e niveis formativos máis completos que abren un abano de posibilidades moi interesante.

Durante 25 anos foron dirixidos por D. Luis Renda Dios, sendo na actualidade liderados por Dna Sara Diz Rodríguez.



Grupo de Cámara “Castrum Baionis” 

Nace este grupo no ano 2010 para crear un proxecto musical completo e complexo dentro da Asociación, pois require que os seus compoñentes teñan coñecementos de solfexo, instrumentación e a técnica apropiada para cada instrumento.

Mercáronse violíns, violas, violonchelos e contrabaixo. Os lentos avances requiren de moitos ensaios dada a dificultade do dominio destes instrumentos. De aí a constancia que demostraron os doce integrantes deste grupo que xunto á súa dedicación e compromiso, e mesturando moitas veces estudos e participación noutros grupos marcaron a súa evolución. O grupo sufreu moito co impacto da pandemia e está reestructurándose nestes intres.

É moi importante achegar e facilitar unha aprendizaxe xa dun nivel importante e un manexo dos instrumentos que despois lles axudará na entrada a estudos musicais reglados coa influencia e determinación que este feito pode ter a nivel personal para os usuarios, ademais dos concertos cos que achegan a música clásica, considerada de elites, ao entorno rural.

Fotos

Grupo de Música Tradicional: “Pandereteiras do Castro”

Este grupo de mulleres pandereteiras xorde dentro da Sección de Mulleres Rurais “CItania” da Asociación no ano 2009. Pandeiretas, cunchas, sachos e cantigas representativas da nosa tradición popular e recuperando algunhas que están preto do esquecemento. Laboura esta de recuperación importantísima para manter o noso patrimonio inmaterial e que se consegue en algúns casos grazas á memoria dos maiores que veñen cada tarde á asociación e aos voluntarios,algúns integrantes deste grupo, que fan as funcións de recollida.

Cómpre salientar o papel da muller rural: o eixe, o sostén, a transmisora, o pasado, pero sobre todo, o presente e o futuro.

Dna Carme Mª Rey Junquera asume na actualidadea dirección deste grupo que participa activamente en foliadas, celebracións, intercambios, actuacións en numerosos escenarios, onde non se sabe se a música acompaña á voz ou é o cantar o que vai da man da pandeireta, sendo as precursoras dos grupos de música tradicional da Asociación.


Grupo de Danza Tradicional “O Castro”

Nace no seo da Asociación no ano 2006, aínda que o xerme viña xa de finais da década dos noventa.

É este un grupo diferente, que mima a postura, a posición de pés e brazos,a disciplina no baile e mesmo no vestiario que fan del un grupo especial na súa posta en escea. Cabe destacar o traballo dos integrantes e das súas familias na recuperación de roupas, tecidos e bordados antigos o que supón esforzo, investigación e dedicación. Mesturan baile galego, muiñeiras e xotas tradicionais con pezas folk máis contemporáneas.

No mes de marzo de organizan e celebran o Festival de Danza. Neste evento anual intercambian experiencias con outras agrupacións de baile tradicional galego e adoitan estrear pezas novas para sumarlle ao seu repertorio polo que é un impulso moi importante.

Teñen actuado pola xeografía galega e tamén en Portugal.

Grupo de Teatro “Aturuxo”

O xerme do grupo de teatro remóntase a finais da década dos oitenta, mesmo antes que a Asociación, pero os impulsores son membros activos e ata socios fundadores da AC “O Castro”, polo tanto este é un grupo senlleiro da Asociación, se ben houbo que esperar ata o 2005 para o frorecer do grupo baixo a dirección de D. Manuel Solla.

Os integrantes barallan os textos teatrais dos autores galegos, fan adaptacións dos mesmos, deseñan e crean escenarios, transpórtanos, atenden o son e a iluminación, ensaian e ensaian, e por fin, actúan, deixándonos seráns inesquecibles tanto na Casa de Cultura de Baión coma noutros escenarios de toda Galicia.

O que máis chama a atención é a heteroxeneidade do Grupo de Teatro onde se mesturan os de dezaoito cos de oitenta ou o labrego xubilado coa boticaria. O seu elenco está conformado por 16 integrantes que na actualidade están dirixidos por Fátima Rey.

Cada ano, no mes de febreiro, organizan o Certame de Teatro e durante unha semana veñen outras agrupacións teatrais invitadas. Xa van alá XV Certames realizados, e cada ano que pasa o éxito consolídase e están dispostos sempre a integrar a novos solicitantes.

Quen non quixo ser actor ou actriz algunha vez?...meterse na pel dun personaxe totalmente alleo a un mesmo. Exercitar a memoria, a interpretación, o dominio do espazo, a disciplina dos ensaios e os merecidos aplausos están á man de calquera que o desexe, ademais de facer grupo, fondas amizades e disfrute do tempo compartido.

O grupo de teatro ten un papel moi importante na recreación de oficios e costumes tradicionais na Mostra que se celebra no mes de xuño.

Fotos

Grupo de Lectura

E este un dos grupos máis entrañables da Asociación. Nace no 2012 e está integrado por un número variable de membros, todas elas maiores, xubiladas, cunha formación educativa básica, cando non escasa. Unha das características comúns do grupo son as ansias de aprender e de saber e outra é que non leron en galego porque nos plans educativos dos anos 50 ou 60 do século pasado, non se contemplaba.

Foise pouquiño a pouco, e comezouse por “Memorias dun neno labrego”de Neira Vilas. Foi tal a emoción, o interese, a lembranza da súa propia nenez… E despois viñeron novas obras, novos autores, novos estilos.

O mellor das lecturas son os comentarios posteriores, as biografías dos autores que se van coñecendo, as reflexións, o intercambio de vivencias e experiencias que a lectura fai agromar nestes lectores noveles que cada xoves se xuntan nun local da Asociación para ler distintos autores, distintos tipos de texto e mesmo visionar películas baseadas en obras que se leron con anterioridade.

No outono, este grupo de lectura participa nas lecturas públicas das obras de Valle Inclán organizadas polo Concello de Vilanova de Arousa.

Este grupo, liderado sempre por voluntarios e dinamizadores culturais da Asociación, realiza un traballo moi importante de valorización, recoñecemento e promoción da Lingua Galega.

Fotos

Nome

Actividades,14,CASTRUM BAIONIS,1,Citania,2,Cooperación,7,Coral,1,Coral CANTIGAS DO CASTRO,16,Coro xuvenil O CASTRO,3,Cultura Galega,17,cursos,7,Danza,2,Danza O CASTRO,10,destacada,1,Festivais,32,Grupo de Lectura,1,Grupos,7,Maiores,8,Medio ambiente,7,Muller,5,Notas Informativas,3,noticias,1,Nova,1,Novas,16,Pandeireteiras O CASTRO,1,Pandereteiras O Castro,2,prensa,1,programa,2,Rondalla O CASTRO,9,Saídas,20,slider,4,Teatro ATURUXO,9,Voluntariado,7,Xuntanzas,27,Xuventude,17,
ltr
static_page
O CASTRO: Grupos
Grupos
O CASTRO
https://www.ocastrobaion.es/p/grupos.html
https://www.ocastrobaion.es/
https://www.ocastrobaion.es/
https://www.ocastrobaion.es/p/grupos.html
true
2507452034087343330
UTF-8
Cargados todos os artigos Non se atopou ningún artigo VER TODO Leer mais Respostar Cancelar resposta Borrar Por Principal PAXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARQHIVO BUSCAR TODOS OS ARTIGOS Non se atopou ningún resultado para a tua búsqueda Volver Domingo Luús Martes Mércoles Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mir Xov Ven Sab Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xuñll Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xun Xul Ago Sep Out Nov Dec agora mesmo fai 1 minuto $$1$$ minutes ago fai 1 hora fai $$1$$ horas Onte fai $$1$$ dias fai $$1$$ semanas fai mais de 5 semanas Seguidores Seguenos CONTIDO BLOQUEADO PASO 1: Comparte na tua rede socialetwork PASO 2: Preme na ligazón na tua rede social Copiar Todo o Código Seleccionar Todo o Código Todos os código foron copiado no tue cartafol Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Contido