A Asociación cultural “O Castro” funciona coma un enorme trampolín que posibilita que moitos socios e socias poidan coñecer un montón de lugares da xeografía galega, española e portuguesa despois de participar nas numerosísimas excursións programadas ao longo dos últimos 30 anos.
A partir deste 2024 iniciamos o ciclo “Coñecendo Europa”. Ademais, e en conxunto con Citania fanse saídas puntuais de formación ou lecer coma visitas a diferentes empresas, mercados, factorías e tamén balnearios ou spas. As excursións fixas máis salientables son:
Coñecer Galicia: Facendo Camiños
Os días: 20/sábado e 21/domingo deste mes de abril, levaremos a cabo unha nova edición do programa:FACENDO CAMIÑOS que como ven sendo habitual, percórrese un anaco dun CAMIÑO XACOBEO, neste caso ao CAMIÑO DA PRATA.
Camiño da Prata
PROGRAMA
- SÁBADO, 20 DE ABRIL:
Sairemos ás OITO da mañá do lugar de costume (O Pereiro) e seguiremos viaxe ata VERÍN, este fermoso pobo de Ourense, lindeiro con Portugal; alí faremos unha visita guiada ao CASTELO DE MONTERREI, LOGO unha volta polo pobo e logo (sempre acompañados por unha guía) e seguidamente nos dirixiremos a o Manantial de Augas Minero/Medicinais de CABREIROÁ un conxunto interesante que nos trasladará a principios do século XX. XANTAR e pola tarde, visitaremos o pobo portugués de CHAVES, un pobo con encanto, onde un guía nos ensinará o máis interesante do mesmo: A ponte romana, columna de Trajano, a Fonte de Chaves, etc…. A continuación, sairemos para VIANA DO BOLO,onde nos recibirá o SR. Alcalde e outros membros da Corporación Municipal ; daremos unha volta guiada polo pobo e logo, cea e aloxamento. - DOMINGO, 21 DE ABRIL:
Despois do almorzo, seguiremos cunha visita ao famoso CASTELO de Viana do Bolo, para continuar a viaxe e teremos a posibilidade de ver o impresionante SANTUARIO DAS ERMIDAS do século XIII, cunha visita guiada e coa oportunidade de asistir á misa solemne da unha, ceremonia religiosa con cántigos corais e unha serie de particularidades que lle dan un carácter especial dende fai moitos anos; as persoas que non desexen asistir poden seguir visitando a parte exterior do santuario. Logo, XANTAR, e seguimos: Pobra de Trives, Castro Caldelas, Ourense e xa de camino a Santiago, chegamos ao MONTE DO GOZO, dende o que, como é habitual, faremos o últmo tramo do Camiño a pé (tamén se pode ir no autobús) ata a catedral e regreso a Baión.
Coñece outras comunidades
Os días 16, 17, 18 e 19 de maio, imos levar a cabo unha excursión a Madrid, con arreglo ao seguinte programa.
Excursión a Madrid
PROGRAMA:
- DÍA 16 DE MAIO, XOVES:
Sairemos de O Pereiro (Baión) ás 6 da mañá e dispois de varias paradas polo camino, chegaremos a Madrid ao mediodía; xantar e pola tarde e acompañados por un guía oficial, faremos unha panorámica por Madrid, coas paradas correspondentes en lugares de especial interese, como por exemplo, o Parque do Retiro. Logo, teremos tempo libre . Cea e aloxamento - DÍA 17 DE MAIO, VENRES:
Almorzo e acompañados por un guía oficial , visitaremos :PRAZA MAIOR, PORTA DO SOL, O MADRID DOS AUSTRIAS, O MADRID DOS BORBÓNS, A ZONA MODERNA, ….. ETC. XANTAR e xa pola tarde, e completando esta viaxe, iremos ao PALACIO REAL e A CATEDRAL DA ALMUDENA (entradas incluidas) e tempo libre. Cea e aloxam. - DÍA 18 DE MAIO, SÁBADO:
Pola mañá, sairemos para visitar, con guía oficial, ALCALÁ DE HENARES onde infinidade de monumentos adornan as súas rúas, como a UNIVERSIDADE CISNERIANA, O PALACIO ARZOBISPAL, A CASA NATAL DE CERVANTES, O CORRAL DAS COMEDIAS….,. XANTAR e pola tarde coñeceremos CHINCHÓN, onde un guía oficial nos ensinará os principais lugares: PRAZA MAIOR, que é un exemplo de arquitectura popular, coas primeiras casas con soportais e balcóns construídas no século XV e quedou totalmente pechada no século XVII, a TORRE DO RELOXIO, O CASTELO DOS CONDES, O CONVENTO DAS CLARISAS son só un exemplo do seu impresionante patrimonio. Tempo libre. Cea e aloxamento. - DÍA 19 DE MAIO, DOMINGO:
Almorzo e visita con guía oficial ao MOSTEIRO DO ESCORIAL(entrada incluida) coñeceremos unha das xoias arquitectónicas máis importantes do noso país.Xantar e xa de regreso, visitaremos PUEBLA DE SANABRIA, un pobo medieval de Zamora: as súas rúas empedradas, os seus soportais e balcóns típicos, o Castelo e outros elementos de arquitectura, fan que figure na relación dos POBOS MÁIS FERMOSOS DE ESPAÑA.
Disfrutemos xuntos da nosa terra
Excursión a realizar o día 25 de xullo e aínda por determinar o programa.
Coñecendo Europa
EXCURSIÓN A ROMA: Despois de máis de 30 anos facendo excursión a ESPAÑA e PORTUGAL, visitando o máis destacado de cada lugar e a maioría das veces xa repetidos no itinerario, pensamos que había que buscar outros lugares fóra das nosas fronteiras e así, comezamos un programa de COÑECENDO EUROPA, cunha visita a ROMA e outros lugares de ITALIA.
Viaxe a Roma
CONSIDERACIÓNS:
Indicar que, para o prezo, presentáronse orzamentos de 4 axencias, escolléndose na reunión cos socios do pasado venres, 23 de febreiro, o que se considerou máis ventaxoso; tamén, despois de que os asistentes valorasen as diferentes opcións en canto a prezo, escolleuse unanimamente a máis completa, resaltando que tratándose dunha viaxe que a esos lugares de Italia posiblemente non se volverá a realizar (organizado pola Asociación) e que hai outros destinos como París, Viena, Praga, etc. que temos previsto visitar nos vindeiros anos, merece a pena un esforzo económico a tal fin ; precisamente por este motivo e a petición de asistentes, co obxecto de favorecer a participación, abrimos unha conta na Asociación para que as persoas interesadas poidan pagar a prazos a mesma.
PROGRAMA DA VIAXE A ROMA
- DÍA 7 DE OUTUBRO:
Recollida en autobús, saída ao aeroporto. Chegada a ROMA e vista panorámica da cidade. Cea e aloxamento nun hotel. - DÍA 8 DE OUTUBRO:
Almorzo e saída cara a POMPEIA, visita con guías oficiais de Pompeia e entradas ás ruínas. Xantar e visita guiada a NÁPOLES. Regreso ao hotel, cea e noite. - DÍA 9 DE OUTUBRO:
Almorzo e visita con Guía Oficial da ROMA IMPERIAL. Entrada incluída ao Coliseo, ao Foro Romano e ao Palatino. Xantar e tarde para visitar a ROMA BARROCA con guía. Entrada incluída ao Capitolio. Cea e noite en Roma. - DÍA 10 DE OUTUBRO:
Almorzo e saída cara SIENA, cuxo centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade. Seguiremos ata FLORENCIA, visita cun guía oficial da cidade. Comida nun restaurante para aproveitar ao máximo a visita. Cea e aloxamento. - DÍA 11 DE OUTUBRO:
Almorzo e entrada incluída nos MUSEOS VATICANOS E A CAPELA SIXTINA con guía oficial. Xantar e tarde visita guiada á BASÍLICA DE SAN PEDRO, incluído. Cea e aloxamento. - DÍA 12 DE OUTUBRO:
Almorzo e mañá libre, coa nosa guía acompañante, para facer as últimas compras. Comida, avión e autobús para casa.
A viaxe inclúe: Bus de Baión ao aeroporto, Avión, Bus en Italia, hoteis de 3/4 **** réxime de pensión completa, guía acompañante, guías oficiais nas visitas, entradas indicadas, taxas de aloxamento, auriculares nas visitas e seguro da asistencia en viaxe.