Festival das Letras Galegas

Festival das Letras Galegas

Dom, 20/05/2012 - 22:57 — Marta

Lugar: 

Casa da cultura - Baión

Data e hora: 

Dom, 27/05/2012 - 19:00 - 21:00

O FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS vaise celebrar o próximo domingo, día 27 de maio ás 7h. da tarde na Casa de Cultura de Baión, co seguinte programa:

  • Presentación biográfica de Valentín Paz Andrade
  • Actuación do Grupo de DANZA O CASTRO
  • Lectura poética a cargo do Grupo TARDIÑAS DE LECTURA.
  • Representación de títeres do conto “O Chivo Chivón”
  • Representación teatral por ATURUXO TEATRO
  • Actuación da Coral XUVENIL e da RONDALLA O CASTRO
  • Actuación da Coral CANTIGAS DO CASTRO acompañada da RONDALLA O CASTRO

Desexamos pasar unha tarde de ledicia na vosa compaña, disfrutemos da música, do baile e da literatura, e sobre todo, que serva para fomentar a nosa cultura. Que este día sexa tamén para recoñecer o bo facer dos nosos rapaces e rapazas, dos nosos/as adultos/as e dos nosos/as maiores, que semanalmente se reunen para ensaiar.


Cultura Galega
maio 20, 2012
0

Comentarios

Buscar