Mostra de Oficios, tradicións e xogos populares
As tradicións e costumes populares forman unha parte importante na identidade dos pobos e das persoas que os componen o transmitir valores e obxetivos compartidos, que xeran unha identidade colectiva que promove a identidade do individuo.
A Asociación conta cun número crecente de voluntarios, que veñen de recibir o Premio Galicia de Acción Voluntaria 2022, grazas aos cales se leva desenrolando a mostra en edicións anteriores. De entrada, cóntase que alomenos 50 persoas participen activamente en facer posible o proxecto, entre voluntariado xuvenil e senior.
A estes voluntarios sumaranse membros de agrupacións e asociacións dos concellos participantes do Salnés, aos que se ampliou esta Mostra desde a anterior edición.
A vida no rural sempre constou de maiores valores de colaboración, de actividades compartidas e de elementos en común que benefician a todos os integrantes do colectivo. É o momento de dar a coñecer ás novas xeracións maneiras de rescatar e renovar as tradicións e cotumes populares para achegalas a unha poboación que precisa medrar nese medio rural. E a colaboración na presente edición de concellos da comarca e da Mancomunidade do Salnés, potenciará a consecución desta meta.
(Fotos)
Encontro de Maiores
Anualmente
Encontro Internacional de Corais
Cada ano, a principios do mes de maio, a Coral da Asociación “Cantigas do Castro” organiza un Encontro de corais onde participan, ademais da coral anfitriona, grupos corais das catro provincias galegas, un grupo doutra Comunidade Autónoma e outro grupo de Portugal.
O evento central realízase no Auditorio de Vilanova. Previamente os grupos participan nunha xornada de convivencia con viaxes pola contorna e unha comida de confraternidade.
Fotos
Encontro de Rondallas
Fotos
Encontro de palilleiras
No mes de xaneiro xúntanse numerosísimos grupos de mulleres e algún home, que se esforzan por manter a fermosa arte de palillar para crear os máis fermosos encaixesde bolillos que despois se aplicarán nas máis diversas prendas, dende roupa tradicional ata as pezas e accesorios máis modernos.
É unha preciosa xornada de convivencia con comida, sorteos e moita amizade.
XVI Certame de teatro
Festival de Unicef
Cea de Nadal
Aproveitamos para repasar as actividades e proxectos que a Asociación desenvolveu ao longo do ano que remata e trázase o esbozo das liñas maestras do novo ano.
Tamén é un momento de nostalxia no que recordamos a quen non está pero que fexo possible co seu impulse que sexamos unha das Asociacións culturais con máis proxección na nosa terra