$show=/202$source=random-posts$c=5$type=slider$src$snippet=hide$cate=0$tb=rainbow$m=hide$src

$show=home$type=slider$snippet=hide$tb=rainbow$m=hide

Voluntariado

Voluntariado. Orixe

O Castro tivo sempre como sinal de identidade a SOLIDARIEDADE, polo cal ten colaborado con asociacións e organizacións coma Cruz Vermella, Cáritas, o Banco de Alimentos… Deste xeito, aasociación está rexistrada na Xunta de Galicia como “Entidade prestadora de Servizos Sociais”, co número E-6298.

No ano 2012, dáselle carácter oficial ás actividades de ACCIÓN VOLUNTARIA creando así o “Grupo de Voluntariado da A.C. O Castro”, nunha sesión á que asistiron as primeiras autoridades autonómicas, pasando a estar rexistrada como “Entidade de Acción Voluntaria” na Xunta de Galicia co número O-619.

A partir desa data, lévanse a cabo, entre outros, proxectos medioambientais, de carácter etnográfico e de carácter social.

Unidade de Voluntariado de atención a Persoas Maiores

A pretensión do proxecto é facilitar o envellecemento activo e, polo tanto, mellorar a calidade de vida e a reincorporación dos maiores á vida social, sobre todo tras a pandemia Covid-19. 

Na actualidade dáselle atención diaria de luns a venres a 32 usuarios maiores de 16.00 a 19.00 horas, contando cos mellores perfís profesionais (enfermeira, dinamizador sociocultural, eucadora social), sempre apoiadas polo persoal voluntario desta Unidade.

Os usuarios son recollidos nos seus domicilios por un microbus e unha furgoneta propiedade da asociación e levados aos mesmos cando remata a actividade, favorecendo deste xeito a asistencia e favoreendo a conciliación familiar.

Os tres piares fundamentais do envellecemento activo son o físico, o social e o mental. De aí o traballo específico sobre a saúde física a través do labor da enfermeira nos eidos do exercico físico, a alimentación e o autocoidado; o traballo do seu estado de ánimo a través das actuacións e exercicios da dinamizadora sociocultural e a súa emocionalidade e socialización a través da relación cos voluntarios e os demáis usuarios, no ámbito social; e a súa saúde mental a través de actividades cognoscitivas propostas pola eucadora social.

ff














Unidade de Voluntariado de atención a Persoas con discapacidade

Dende o 2012, vimos traballando semanalmente con 15 persoas con discapacidade física e/ou intelectual, despois dun acordo asinado coa Asociación CON ELES.

Son atendidos cada mércores de 17.00 a 19.00 horas por personal especializado (especialista en Audición e linguaxe, animador sociocultural e linguaxe musical) e uns 10 voluntarios dos grupos musicais da Asociación, pois parte das actividades que se desenvolven son a través da música.

Este proxecto persegue acadar o fomento de actitudes creativas e participativas coa intervención do voluntariado (xuvenil e maior), así coma de servizos externos, tratando de que xóvenes con discapacidade poidan aceder a actividades de lecer e culturais, reforzando a súa autoestima e crecemento social e psicolóxico. Sendo, neste caso, os talleres de cociña e manualidadese a música, os contacontos e a animación sociocultural, os instrumentos empregados para a consecución deses obxectivos.

ff

Voluntariado Cultural

Que importante é no rural a pertenza a un grupo. A medida que se cumpren anos, máis relevancia representa. Pertencer a un grupo onde aprendes e ensinas, sempre de maneira altruísta, onde entendes e te entenden, onde acompañas e te acompañan, onde se comparte a vida para facela moito mellor, moito máis rica. En moitas ocasións os grupos culturais da Asociación funcionan como verdadeiros motores de motivación para vivir mellor, sobre todo para os usuarios de máis idade que sofren máis a soidade e o idadismo no seo desta sociedade que está permanentemente co acelerador pisado e tamén en moitas ocasións no entorno familiar no que se vive con pero non se convive.

Tamén é de xustiza falar dos moitos rapaces e rapazas que participan nos distintos grupos da Asociación (corda, danza, teatro, cámara…) e completan a súa formación humana e tamén musical, en moitos casos, que despois reverte nos grupos de acción voluntaria, vendo a súa máxima expresión na súa participación na Mostra de oficios, tradicións e xogos populares.


Voluntariado medioambiental

A partir do ano 2012 vén traballando na Asociación un grupo dunhas 20 persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 85 anos, se ben son os xóvenes, a sección xuvenil da Asociación, os grandes colaboradores neste eido cunha alta implicación no voluntariado medioambiental.

Estes socios voluntarios, centráronse na sensibilización (campañas, charlas dípticos…) de coidado da contorna e recollida selectiva do lixo, recuperación de espazos naturais e etnográficos abandonados e deteriorados para devolverlle o seu esplendor e dárllelos a coñecer ás novas xeracións.

Comezouse cunha intervención no Monte do Castro, de onde nos vén o noso nome, máximo expoñente da cultura prehistórica da zona, espazo sagrado dos nosos ancestros. No ano 1881, segundo recolle o historiador da nosa parroquia Vila Fariña, foi atopada unha machada castrexa, custodiada hoxe no Museo de Pontevedra. Posteriormente o escritor Alvarez Limeses, vencellado tamén coa nosa parroquia, seguiu excavando poa súa conta, atopando abundantes restos cerámicos, así como D. Eugenio Fojo, que moi preto de onde hoxe se levanta o Pazo Baión, atopou a uns 30 cm. de profundidade restos de tégulas e ímbrices suxestivas dunha extensa necrópole alí situada. Toda esta zona sería o núcleo primitivo da parroquia de Baión. O que se pretendeu foi recuperar un espazo natural para os veciños, que puideran admirar e respectar este espazo fondamente vencellado coas nosas orixes.

Así mesmo, este grupo de voluntariado limpou e catalogou as fontes de Baión, algúns muíños e petos das ánimas.

Como xa se mencionou, consideramos moi importante a sensibilización polo entorno e o seu coidado, estendendo entre a poboación prácticas de conservación e recuperación de espazos.
Así, estes voluntarios, foron quen de transformar un espazo á beira do local social do Carballo, abandonado e en desuso, no que logo sería un marabilloso Auditorio ao aire libre que se utiliza sobre todo nas celebracións de primavera e verán. Fíxose un sinxelo deseño, recicláronse vellas vigas de bateas para as bancadas e creáronse pequenos espazos axardinados que humanizaron e lle deron beleza a este terreo.

Tamén a sección xuvenil integrada no voluntariado medioambiental, levou a cabo charlas e reparto de folletos informativos sobre a reciclaxe do aceite usado e procedeuse á recollida do mesmo polas distintas aldeas da parroquia, sensibilizando á poboación do impacto ecolóxico e económico que supón desfacerse deste produto polos desagües.

Participouse igualmente cun proxecto experimental de compostaxe cun total de 70 composteiros repartidos entre asociados formados previamente a tal fin para un uso correcto.

Temos claro, e nestes intres máis que nunca, con lumes, deforestación, unha seca preocupante, un mar contaminado e agotado que a función de preservación debe ser a que guíe estas accións medioambientais.

Sen un entorno coñecido, valorado, coidado e protexido, o presente e o futuro están en xogo, por eso valoramos especialmente este grupo dentro da Asociación. 

fff

Convenio con Unicef

No ano 2010, O Castro asina con UNICEF un convenio de colaboración (sendo a única asociación de Galicia, deste tipo, que ten asinado un convenio coa organización). 

Dende entón vimos colaborando sen descanso, sendo a nosa función principal a de funcionar coma canle de sensibilización e información das principais accións que Unicef leva a cabo por toda a xeografía mundial.

Nas follas informativas que chegan aos asociados pásase información e colabórase para aportar fondos coas tarxetas-calendario con todas as actividades, celebracións, saídas, excursións, encontros, certames…que realiza a Asociación ao longo de todo o ano. 

Outro acto central é o festival de Unicef que se realiza cada 6 de decembro e onde se aporta todo o recaudado coas entradas a prezos populares.

F firma convenio e fotos festival Unicef

Convenio co Sergas

O eixe central deste convenio é ofertar un novo programa de voluntariado para acompañar e ofertar propostas de animación aos pacientes ingresados na área sanitaria Pontevedra – Salnés.
Nos tempos de permanecer cunha doenza ingresado nun hospital e se ademais se pertenece a un grupo de poboación especialmente sensible e vulnerable, unha bocanada para compartir, desconectar e ata disfrutar pode cambiar o día..

O acompañamento ofrecido polos voluntarios tería como obxectivo fundamental acompañar a persoas ingresadas, sobre todo maiores, que por diferentes motivos sufran soidade e facerlle un seguimento cando se incorporen á súa rutina unha vez xa nos seus domicilios

O outro aspecto que se ofrece é a animación sobre todo enfocada aos nenos e nenas ingresados, a través do voluntariado pertencente aos diferentes grupos musicais da Asociación,así como teatro, contacontos, monicreques…

Foto xornal asinar convenio

Nome

Actividades,14,CASTRUM BAIONIS,1,Citania,2,Cooperación,7,Coral,1,Coral CANTIGAS DO CASTRO,16,Coro xuvenil O CASTRO,3,Cultura Galega,17,cursos,7,Danza,2,Danza O CASTRO,10,destacada,1,Festivais,32,Grupo de Lectura,1,Grupos,7,Maiores,8,Medio ambiente,7,Muller,5,Notas Informativas,3,noticias,1,Nova,1,Novas,16,Pandeireteiras O CASTRO,1,Pandereteiras O Castro,2,prensa,1,programa,2,Rondalla O CASTRO,9,Saídas,20,slider,4,Teatro ATURUXO,9,Voluntariado,7,Xuntanzas,27,Xuventude,17,
ltr
static_page
O CASTRO: Voluntariado
Voluntariado
O CASTRO
https://www.ocastrobaion.es/p/voluntariado.html
https://www.ocastrobaion.es/
https://www.ocastrobaion.es/
https://www.ocastrobaion.es/p/voluntariado.html
true
2507452034087343330
UTF-8
Cargados todos os artigos Non se atopou ningún artigo VER TODO Leer mais Respostar Cancelar resposta Borrar Por Principal PAXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARQHIVO BUSCAR TODOS OS ARTIGOS Non se atopou ningún resultado para a tua búsqueda Volver Domingo Luús Martes Mércoles Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mir Xov Ven Sab Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xuñll Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xun Xul Ago Sep Out Nov Dec agora mesmo fai 1 minuto $$1$$ minutes ago fai 1 hora fai $$1$$ horas Onte fai $$1$$ dias fai $$1$$ semanas fai mais de 5 semanas Seguidores Seguenos CONTIDO BLOQUEADO PASO 1: Comparte na tua rede socialetwork PASO 2: Preme na ligazón na tua rede social Copiar Todo o Código Seleccionar Todo o Código Todos os código foron copiado no tue cartafol Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Contido