Actividades na Asociación Cultural "O Castro"

Empezou a súa andaina no ano 1990 en Baión (Vilanova de Arousa). Dende a súa creación, lévanse a cabo ambiciosos proxectos de actividades, nos que participan a maioría dos 2.287 socios de Baión e outras zonas: Vilanova de Arousa, Caldas de Reis, Vilagarcía, Meis, Ribadumia, Cambados...

Organiza un amplo programa de actividades:

  • Fixas anuais: Xuntanzas musicais, encontros, viaxes culturais, cursos...
  • De potenciación da cultura galega:
    • Programa xeral de fomento da lectura, charlas, obradoiros, confección de videos sobre a nosa fala.
    • Recuperación de:
      • a) O noso patrimonio: muíños, cruceiros, fontes...
      • b)Tradicións: entroido, maios, magosto, cantos de panxoliñas polo nadal...
      • c) Xogos tradicionais: aros, bilarda, bolos, chave...

E moitas máis actividades orientadas a elevar o nivel cultural do noso pobo. 




Actividades
xaneiro 23, 2011
0

Comentarios

Buscar