Setima edición da Mostra de Tradicións en Baión. O sábado e domingo 8 e 9 de xuño de 2023 no campo da igrexa en Baión, Vilanova de Arousa, organizado pola Asociación Cultural O Castro de Baión
VII Mostra de Oficios, Tradicións e Xogos Populares 2024
A sección de voluntariado da Asociación Cultural O Castro presenta a sétima edición da Mostra de Oficios, que conta coa colaboración do Concello de Vilanova de Arousa, Deputación de Pontevedra, a Consellería de Política Social, a Dirección Xeral de Comercio e Consumo, a Dirección Xeral de Cultura, La Caixa, a Asociación de Mulleres Citania e coa Asociación de Mulleres As Aceñas de Baión.
Con acceso libre e entrada de balde para todo o púlico, a mostra levarase a cabo o sábado 8 e domingo 9 de xuño do 2024 no campo da igrexa en Baión, donde se intalarán carpas nos diferntes postos da mostra e no palco das actuación, para portexer das inclemencias do tempo, tanto en caso de choiva e protexendo do sol directo. Preto da mostra hai aparcadoiros gratuitos para os visitante, debidamente señalizados para deixar os coches preto do campo, pero evitando deixar os vehículos dentro do recinto.
Ademais, o recinto conta con bar, pulpeira, e venta de produtos variados, en caso de querer mercar refrixerios ou comida durante a mostra.
Programa de actividades:
Durante a mostra, levaranse a cabo diferentes actividades e mostras de oficios tradicionais e artesanais de Galicia das decadas dos anos 60 e 70.
Estas actividades poderán ser visitadas e disfrutadas no seguinte horario: O sábado de 13.00 a 14.00 horas, e de 16.30 a 21.00. O domingo de 11.00 a 14.00 horas e finalmente de 16.30 a 20.30 horas.
Oficios
Diferentes persoas artesáns nos seus traballos, estarán realizando durante toda a mostra traballos manuais e tradicionais de: cestería e sombreiros, carpintería e madeira, elaboración de zocas, carteiros, traballos co ferro e ferrado de cabalos, encaixe e costura, elaboración de augardente, elaboración de utensilios de follalata, picapedreiros, elaboración de tellas e alfarería... Que poderán ser observadas durante este tempo, falar cos autores sobre as tecnicas, e incluso mercar algún produto artesán.
Tradicións e costumes
Obradoiros
Durante este tempo tamén se levarán a cabo obradoiros con participación libre en diferentes tarefas e tradicións: alfarería, cestería, elaboración de larpeirada tradicional... Tanto nas actividades enfocadas en público infantil como en adulto so e necesario apuntarse no propio posto donde se vaia a levar a cabo.
Exposicións
Nestes dous días de duración da mostra estarán dispoñibles para visitar varias exposicións, tanto no propio recinto da mostra, como no centro cultural: Ferramentas e material da época, apeiros de labranzas, motos antigas...
Xogos populares
No recinto da feira, atopanse para disfrute público diversos xogos populares, como son os aros, a chave, os bolos... Que poderán ser usados e aprendidos polo público. É unha boa ocasión para lembrar polas persoas que viviron a sua infancia nesa época, e ser transmitidos as novas xeracións.
Horarios da Mostra
Sábado 8
- 13.00 Inauguración
- 13.00 Actuación Amigos do Acordeón do Salnés
- 13 a 14h Actividades
- 16.30 a 21h Actividades
- 21.00 Actuación Vilamariachi
- 22.30 Noite Meiga:
- Andaina da Santa Compaña
- Queimada
Domingo 9
- 11 a 14h Actividades
- 16.30 a 20.30 Actividades
- 20.30 Actuación grupo Añoranza