O día 28 de febrero se vai a levar a cabo unha actividade interxeracional entre os nenos do CEIP de Sestelo-Baión e os maiores e persoas con diversidade funcional da A.C. O Castro. Pretende ser unha xornada satisfactoria para ambos os dous grupos, inclusive para os seus familiares, ao tempo que se realicen actividades conxuntas interactivas e de interese para ámbolos dous grupos.
A festa, organizada pola Anpa do Ceip Plurilingüe Sestelo-Baión, e de entrada de balde para persoas asociadas á Anpa, e para o grupo de persoas da terceira idade usuarias do servicio da AC O Castro.
Dende O Castro, consideramos de relevancia o compromiso coa sociedade e coa soidade non desexada nas persoas maiores, sendo isto, unha canle de relación importante e que pretende enfrontar o fenómeno do idadismo e as consecuencias que del derivan.
Será no pavillón de Baión, o 28 de febreiro do 2025, de 16.30 a 19.30 h.
Con inchables, atracións, sorteos, e unha visita moi especial. Contarán con monitores para dinamizar a actividade. Todos os nenos deberan estar acompañados por un adulto.