Sábado 5 de maio do 2012 en Baión.
X Xuntanza Internacional de Corais
Mar, 01/05/2012 - 19:27 — Marta
Lugar:
Pavillón de deportes de Baión
Data e hora:
Sab, 05/05/2012 - 19:00 - 23:30
A Asociación Cultural O Castro ten previsto celebrar o 05/05/2012 no polideportivo de Baión a X Xuntanza Internacional de Corais.
A Asociación Cultural O Castro celebrou o pasado 05/05/2012 no polideportivo de Baión a
X Xuntanza Internacional de Corais, na que participaron as seguintes corais:
- A CORUÑA (Fene)
- Coral ESTELECER
- LUGO (Antas de Ulla)
- Coral ANTAS DE ULLA
- OURENSE (Leiro)
- Coral polifónica VAL DO AVIA
- PONTEVEDRA (Vilagarcía)
- Coral SANTA EULALIA-Nª Sª DA XUNQUEIRA
- PORTUGAL (Valença)
- Coral polifónica SAN TEOTONIO
- ANFITRIONA (Baión)
- Coral CANTIGAS DO CASTRO
Dende a Asociación queremos agradecer a todas elas a súa participación.
Despois de quentar as voces, ás 19,00 h empezou o concerto, por certo con gran calidade dos participantes.
Ao remate da actuación houbo unha cea na que non faltou a rosca e o chocolate.
Os membros da Asociación están satisfeitos cos resultados logrados, despois de moito tempo traballando para que a xornada saíra o mellor posible.
O bo ambiente que houbo, o humor, as ganas de pasalo ben fixeron de este día unha xornada inesquecible.
Unha forma de facer cultura a través do CANTO.
Prensa
Artigos na prensa local
Fotos da X Xuntanza Internacional de Corais
Pulsar para agrandar