Mostra de Oficios, Tradicións e Xogos Populares

O 9 e 10 de xuño de 2018 no campo da Igrexa de Baión. 

Mostra de Oficios, Tradicións e Xogos Populares

PRÓXIMO EVENTO IMPORTANTE QUE CELEBRA A ASOCIACIÓN "O CASTRO".

No campo da igrexa de Baión os próximos días 9 e 10 de xuño, terá lugar unha mostra de de costumes, oficios e xogos populares. Lembraremos tempos pasados nun marco incomparable. 

Tódalas actividades estarán acompañadas por actuacións de: grupos de teatro, danza, corais, pandereteiras, gaitas e de veciños e veciñas.

Xogos populares (aros, chaves, bolos...) abertos á particiàción de todo o público. 

Carpa gastronómica. Aparcadoiro no Polígono de Baión. Traslados de balde no tren turístico de 10.20h a 14.00h e de 16.30h a 21.00h 





Actividades
xuño 08, 2018
0

Comentarios

Buscar