Presentación da longametraxe Vilamor

Presentación da longametraxe VILAMOR

Mér, 18/04/2012 - 12:01 — Marta

A Asociación Cultural O CASTRO de Baión (Vilanova de Arousa), segue na teima de promocionar a Cultura Galega entre os seu socios, por elo reciben este xoves 19 de abril, ás 20:00h na Casa da Cultura  de Baión o equipo da longametraxe VILAMOR, a cuarta longametraxe de Ignacio Vilar.

Programa :

  • 1ª Intervención: Ignacio Vilar: como se fai unha película, proceso creativo dun filme.
  • 2ª Rubén Riós: "por que estamos aquí?", experiencias previas e necesidade de poñer en valor a cultura e a lingua galega a través do séptimo arte.
  • 3º Xoel Yáñez: rodaxe Vilamor, historia. Que é Vilamor? Anécdotas da rodaxe.
  • 4º Sabela Arán: experiencia persoal, rodaxe, historia da película.
  • 5º Concurso enfocado ás redes sociais (últimos 5 minutos).
  • 6º Rolda de preguntas.
  • 7º PROXECCION do fim PRADOLONGO.

As estreas estanse levando a cabo dende o fin de semana pasado pola principais cidades de Galicia como podes ver neste enlace  http://www.vilamor.eu/gl/estreas/.

Este venres 20 de abril Vilamor entra en cartel tanto nos cines de Pontevedra (CineBoxVialia), como nos de Vilagarcía (Multicines Gran Arousa). 


Cultura Galega
abril 18, 2012
0

Comentarios

Buscar