Camiño Xacobeo

Camiño Xacobeo

Xov, 29/03/2012 - 00:35 — Marta

Lugar: 

Camiño francés

Data e hora: 

Sab, 21/04/2012 - 08:30 - Dom, 22/04/2012 - 23:30

Interesante viaxe o sábado 21 e domingo 22 de abril ao Camiño Francés.


Programa 

Sábado 21

Saída as 8:00 da mañá dos lugares de costume.

  • Parada en MONFORTE (visita ao pobo, o castelo e disfrutaremos das fermosas vistas do val de Lemos.
  • Seguiremos a viaxe por QUIROGA,  O CAUREL, CEBREIRO, TRIACASTELA e SAMOS (onde xantaremos).
  • Pola tarde, pararemos en PORTOMARÍN para ver os restos do pobo baixo o embalse de Belesar
  • Xa en MONTERROSO, visita a granxa Maruxia. Cearemos e dormiremos no albergue.

Domingo 22

  • Visita a MONTERROSO (A.R. da Peneda, Torre dos duques de Medina-Sidonia,...) e xantaremos.
  • Parada en MELIDE
  • En SANTIAGO, como é habitual, os interesados poderán facer o tramo a  pé dende o Monte do Gozo.

Importe: (inclúe autobús, visitas, aloxamento con "desayuno") 25€. 5€ para rapaces ata 16 anos.

Interesados:

  • Contactar co vocal de zona
  • enviar correo a ocastro@ocastrobaion.es indicando "Camiño Xacobeo"

Os participantes, terán unha xuntanza o MARTES 17 as 21h, para tratar dos pormenores da viaxe. 


Cultura Galega
marzo 29, 2012
0

Comentarios

Buscar