Declaración dos Dereitos do Neno

Sábado 26 de novembro do 2011 no Pavillón de deportes de Baión. 

Declaración dos Dereitos do Neno

Xov, 10/11/2011 - 23:22 — Marta

Lugar: 

Pavillón de deportes de Baión

Data e hora: 

Sab, 26/11/2011 - 11:00 - 18:30

Con motivo do aniversario da Declaración dos Dereitos do Neno, a Asociación Cultural O CASTRO e UNICEF, organizan o II Encontro Galego da Infancia. Dito evento terá lugar o próximo sábado 26 de novembro no pavillón de deportes de Baión - Vilanova de Arousa.

A celebración dos DEREITOS DO NENO, xurdiu o ano pasado, despois de firmar un CONVENIO de colaboración con UNICEF, e celebrouse o 19/novembro coa asistencia duns 1000 rapaces de toda Galicia. Daquela o alumnado traballara xa no seu respectivo Centro e aquí só se celebrou pola mañán un acto central, voltando ao mediodía aos respectivos lugares.

Este ano pretendemos darlle outro formato, potenciando o traballo en equipo, a participación e a convivencia.  O que nos obriga a reducir sustancialmente os participantes, para facer pequenos grupos de traballo.

Programa 

  • 11,00-Recepción aos participantes.
  • 11,30-Traballo en equipo, debates e posta en común,sobre os  DEREITOS
  • 14,30-Xantar.
  • 16,00-Espectáculo de MAXIA a cargo do MAGO NORBERTO.
  • 17,00-Actuación musical/baile.
  • 19,00-Actos de clausura.

A tódolos participantes daráselle un agasallo consistente nunha camiseta conmemorativa. Tamén, pola tarde, ao remate da actividade, invitaranse aos asistentes cunha “chocolatada”.

Cooperación
novembro 26, 2011
0

Comentarios

Buscar