Festa lúdico/deportiva. Recuperación dos xogos tradicionais

Festa lúdico/deportiva. Recuperación dos xogos tradicionais

Sáb, 02/06/2012 - 01:00 — Marta

Lugar: 

Campo da Igrexia - Baión

Data e hora: 

Dom, 10/06/2012 - 11:00 - 21:00

Levarase a cabo o vindeiro DOMINGO, día 10/xuño 

Programa 

MAÑÁ:

Ás ONCE da mañá, dende o monte da Igrexa, paseo en bicicleta pola parroquia; contaremos coa presencia de Protección Civil , rogando a tódolos participantes, vaian provistos de “casco”. Haberá un trofeo para o ciclista maior así como para o de menor idade. Repartiranse camisetas , invitarase a os asistentes a un “refresco” e sortearase unha bicicleta.

TARDE:

A partires das CINCO E MEDIA, coa participación de  rapaces e adultos: 

-Campionato de  CHAVE. Carreira de  SACOS. Carreira de ZANCOS. Carreira de AROS. Tiro  da CORDA e outros xogos. E para rematar:

-Carreira  de BURROS.

Haberá  premios para os gañadores.


Cultura Galega
xuño 10, 2012
0

Comentarios

Buscar