Viaxe Cultural de Outono

Viaxe Cultural de Outono

Xov, 13/09/2012 - 00:07 — Marta

Lugar: 

Soria

Data e hora: 

Xov, 11/10/2012 - 23:50 - Dom, 14/10/2012 - 20:00

EXCURSIÓN A ZARAGOZA E SORIA: 12, 13 e 14/OUTUBRO/2012

O vindeiro sábado, día 29/setembro, de 8 a 11 da noite, anotaremos no Carballo ás persoas que desexan participar na excursión a Zaragoza e Soria, do que xa tes coñecemento e che recordamos a continuación:

Día 11 (Xoves)

Saída ás DOCE da noite dos lugares de costume

Día 12 (Venres):

Paradas correspondentes polo camiño e chegada a Zaragoza; pasaremos o día do Pilar, disfrutando das actividades dese día: Desfile con traxes rexionais de Aragón e resto do mundo, ofrenda de frores á Virxe, etc. e xa á tardiña marcharemos para Calatayud, estancia nese día.

Día 13 (Sábado):

Visitaremos o “Monasterio de Piedra”, impresionante paraxe natural, con “cascadas” como a “cola del caballo” de 50 mtrs. de alto, espectáculo con aves, etc. Tamén aproveitaremos para visitar unha das adegas mais importantes da zona. Xa, despois de xantar, dirixirémonos a SORIA,   visitaremos a cidade, asistiremos a un concerto da nosa coral, onde cearemos e durmiremos.

Día 14 (Domingo):

Regreso, facendo unha parada en Valladolid, para unha visita guiada á cidade e xantaremos. Chegada a Baión, sobre as DEZ da noite.

O importe da viaxe é de 180 € que incluie: Autobús, pensión completa, xantar á ida e volta, entradas, guías e seguro da viaxe.

Cultura Galega
outubro 11, 2012
0

Comentarios

Buscar