Declaración dos Dereitos do Neno. Encontro con xovenes de Galicia

Declaración dos Dereitos do Neno. Encontro con xovenes de Galicia

Mar, 13/11/2012 - 00:20 — Marta

Lugar: 

Pavillón de deportes de Baión

Data e hora: 

Sab, 24/11/2012 - 10:00 - 18:00

O día 24 de novembro, en colaboración con UNICEF Galicia, a Asociación Cultural O CASTRO organiza un encontro de xovenes co gallo da celebración do Día Mundial da Declaración dos Dereitos do Neno.

Están convidados a participar nenos de 5ºe 6º de primaria dos concellos de Vilanova de Arousa (anfitrións), Guitiriz (Lugo), Carballiño (Ourense), Covelo (Pontevedra) e Ribeira (A Coruña). Estimamos que a participación sexa de 250 nenos/as aproximadamente.

Os grupos virán acompañados de dous adultos e tódolos participantes recibirán unha camiseta conmemorativa.

Programa 

  • ÁS ONCE DA MAÑÁ:
    • Recepción dos participantes na Casa de Cultura de Baión.
  • ÁS 11:15  : 
    • No Pavillón de Deportes de Baión:
    • Formación dos grupos de traballo
    • Participación en talleres
    • Confección de murais
  • ÁS 13:30:
    • Posta en común das conclusións.
  • ÁS 14:00 :
    • Xantar
  • De 14:30 a 16:00:
    • Actividades lúdicas

Notas:

  • O transporte corre a cargo do concello.
  • O xantar é gratuito e facilitado pola Asociación Cultural O CASTRO
  • A organización e monitores dos talleres e responsabilidade dos voluntarios de UNICEF e dos voluntarios da Asociación Cultural O CASTRO

¡PARTICIPA!


Cooperación
novembro 24, 2012
0

Comentarios

Buscar