Excursión a Andalucía

Excursión a Andalucía

Sáb, 12/04/2014 - 11:24 — Luis

Lugar: 

Torremolinos

Fecha y hora: 

Mar, 29/04/2014 - 21:00 - Dom, 04/05/2014 - 22:00

Dentro das actividades culturais que organizamos anualmente, por estas datas realizamos a visita a outra comunidade autónoma, nesta ocasión coñeceremos Andalucía. Mesturaremos a visita a costa: Marbella, Torremolinos, Puerto Banús, ... , con pobos do interior menos coñecidos pero dunha especial fermosura: Antequera, Ronda e Mijas.

Programa:

  • Día 29: Saída ás 9 das paradas de costume.
  • Día 30: Paradas en ruta e chegada a TORREMOLINOS a mediodía, aloxamento no hotel no que pernotaremos tódolos días. Pola tarde visita guiada polo pobo.
  • Día 1:Pola mañá, visita as Covas de Nerja; Málaga (A Malagueta, Castelo de Gibralfaro) comida no hotel.
    • Pola tarde, visita a Antequera (Dolmenes, casco antigo, A Alcazaba, Colegiata de Santa María...)
  • Día 2: :Pola mañá, visitaremos Ronda; comida no hotel.
    • Pola tarde, visita a Mijas, Benalmádena/Porto Marina.
  • Día 3: :Pola mañá, visita a Xibraltar (Rúa Real), Xantar.
    • Pola tarde, coñeceremos Marbella (casco antigo) e Puerto Banús.
  • Día 4: Almorzo e regreso a Baión. En ruta visitaremos (se o tempo o permite) Valdepeñas.

Prezo: 275€/persoa, inclúe pensión completa, xantar á volta, tódalas visitas sinaladas, guía acompañante en destino tódolos días, autobús e seguro de viaxe.

Data para anotarse: domingo  20 de abril de 10 a 13 horas.

Data da reunión: sábado 26 de abril ás 21 horas, informaremos polo miúdo da excursión, efectuarase o pago da mesmo a e atenderemos calquera dúbida ou suxerencia.

Saídas
abril 29, 2014
0

Comentarios

Buscar