Encontro de Palilleiras e Labores Artesanais
Lun, 05/01/2015 - 09:34 — Marta
Sábado 17 de xaneiro de 2015 na Casa de Cultura de BAIÓN- Vilanova de Arousa. Contaremos coa presenza das participantes dos cursos de calceta, bordado e bolillos das nosas asociacións, pero tamén asistirán membros de: Palilleiras “A Floriña”, A. de Mulleres de Corón (de Vilanova), Agrupación de Cambados, A. O Souto de Rubiáns e A. A Fieitiña de Pontevedra.
Convidamos a todos os socios a visitar a exposición de labores realizada para este evento, así como apreciar o traballo que realizan as participantes. Tamén se contará con un posto de artesanía.
Programa:
- 11:00 Recepción e benvida as participantes.
- 11:30 Pregón a cargo de D. Mario Gallego, especialista en Cultura Tradicional e Historia. Gran coñecedor da evolución do arte de palillar, técnicas e da importancia socioeconómica.
- 14:00- 16:00 Xantar de confraternidade para as participantes
- 16:00: Reanudación da palillada
- 17:00 Actuación das Pandereiteiras de O CASTRO
- 18:00 Despedida e chocolatada para todos os presentes